Proposta de reforma artística no Aguiar
Da imaxe estética do IES Francisco Aguiar un dos aspectos máis curiosos é a cor das portas de aulas, servicios e dependencias en xeral. Un rechamante laranxa( non precisamente relaxante) tingue de cor o discorrer diario polos andeis do noso instituto.
O Departamento de Educación Plástica e Visual, e nomeadamente o seu xefe de Departamento, José Manuel Rey Bao, chamou moitas veces a atención sobre a necesidade de dar un aspecto máis amable e, de paso, máis instructivo ao deseño dos diversos elementos do noso centro. As portas das aulas de Debuxo do edificio anexo que chamamos "Porquerizas" supuxeron, hai uns anos, un interesante cambio de imaxe.
Agora a súa proposta personaliza as portas dos servizos do segundo andar do edificio da ESO. Nun piso no que se atopan os Departamentos e Laboratorios de Física e Química, optouse por identificar os servicios de rapazas coa imaxe dunha muller científica, Madame Curie. Para os dos homes coa imaxe de Albert Einstein. O cambio de cores tamén é chamativo.
A experiencia preténdese ir extendendo a outras zonas do instituto. Daremos conta.
Polo de agora, parabéns para o Departamento e para José Manuel Rey.