IES Francisco Aguiar. Vitaminas creativas!

Un ano máis, como vén sendo habitual a finais de trimestre, o último día (este ano o xoves 21) celebraremos no instituto un Festival . E como tamén é habitual farase entrega ao longo do dito festival dos premios de varios concursos e certames desenvolvidos no Instituto ao longo do trimestre.

Será unha boa ocasión para alegrarmonos da capacidade motivadora do noso profesorado e, sobre todo, da potencia creativa do noso alumnado.