Xesús Fraga no Aguiar: 5 "W's" e 3 "C's"

 

Un periódico é unha fiestra na que nos asomamos ao mundo. O periodista asoma á dita fiestra e conta con claridade, concisión e corrección o que ve (what) os seus protagonistas (who), o momento e o lugar (where, when) e a explicación do que está a presenciar (why).

 

Que puido traer de volta ao Aguiar a un dos seus ex alumnos, o periodista Xesús Fraga? Simplemente o relato dun montón de ideas interesantes sobre o periodismo e unha chea de experiencias personais.

 

O pasado venres 3 de novembro o noso Salón de Actos enchíase de alumnos e alumnas de 2º da ESO para escoitar atentamente a Xesús Fraga. 

Seica, oxalá,  o entusiasmo con que se dirixíu ao atento público prenda nalgúns dos escoitantes en forma de futuro/a periodista?