Chegou aos nosos oídos...VIII edición dos Encontros de Teatro Afeccionado en Betanzos

Chegou aos nosos oídos.... que un ano máis, e van xa pola oitava edición, varios ex alumnos e ex profesores do Aguiar volverán a alegrarnos as tardes dos sábados do mes de febreiro. Trátase da anual cita co teatro afeccionado que organiza a Agrupación Teatral Mariñán.

No elenco e "dando a cara": Juan, Inés, Sara e José Luis. Nancy na parte técnica. Deseñando carteis e facendo traballos tan atinados como o deste ano, Silvia.

 A todos eles,dende o Aguiar,  grazas polo traballo e ilusión!

Velaí o programa do VIII ENCONTRO (2017) que comeza este sábado día 4 de febreiro ás 20.00 h.

 

 

- Sábado 4 ás 20.00 h. Medievándalos (Santiago de Compostela) con Cervanterías.

 

- Sábado 11 ás 20.00 h.: Grupo de Teatro Intercazia (Benavente, Zamora) con La puta enamorada.

 

- Sábado 18 ás 20.00 h. Grupo de Teatro Badius (Baio) con Frankenstein.

 

- Sábado25 ás 20.00 h.  Ajidanha (Idanha a Nova, Portugal) con À deriva.

 

 

Domingo 26 ás 19.00 :  Agrupación Teatral Mariñán (Betanzos) con O de menos é o nome.

 

MOITA MERDA!