CRÓNICA ( en construcción) DAS ACTIVIDADES DE FIN DE TRIMESTRE

 

O pasado mércores 21 de decembro, nas dúas últimas horas, pechamos o 1º trimestre deste curso cunha serie de actividades.

No Salón de Actos, decorado para a ocasión por Xosé Manuel Rey, tivo lugar un ameno Festival de Nadal. Nel fíxose entrega dos premios ao Concurso de Christmas Cards que cada ano organiza o Departamento de Inglés: como gañadora Sonia Vázquez, e como segundo e terceiro premio, respectivamente, Ainara Rey e Emilly Mel dos Santos.

No apartado musical puidemos disfrutar dunha varia representación a cargo do alumnado.

Escoitamos a música tradicional das cantareiras do Azougue e un dúa de gaitas formado por Paula e Andrea.

 

 

As sorpresas viñeron de alumnos de 2º da ESO. 

Luis e Valentina deleitáronnos cunha escolma ben variada,  interpretada a dúo de saxos.

Pedro desenfundou a seu acordeón para interpretar un repertorio que combinaba música tradicional e  villancicos.

O Coro Fa menor que dirixen M. José Pardo e Óscar García trouxeron sobre o escenario o seu programa de villancicos en inglés e galego e mesmo tiveron que facer un bis a petición do respetable.

Alba Dopico con apuesto acompante masculino  levaron o ritmo do festival coas presentacións; Pablo M. &  Pablo F. aos mandos do son para que todo sonase á perfección. Un bo número de profesores e alumnos participando. E como remate libre da festa algo de música para bailar

 

E paralelamente, no Polideportivo,  exhibición de Jugger e campionato de futbol organizado polos alumnos de 1º BAC