Chegou aos nosos oídos....Raquel Vázquez "El hilo del Invierno"

Chegou aos nosos oídos...que xa está publicado un novo libro da nosa ex alumna e actual colaboradora na biblioteca, Raquel Vázquez.

Nestes días en que, pode que máis paseniñamente do que sería de agardar, empeza a mudar o tempo e a abandonarnos o verán,  ela presenta "El hilo del invierno". Este novo libro de Raquel, editado pola prestixiosa editorial Hiperión, é o resultado do premio acadado no certame de poesía "Nueva Valencia". 

Unha vez máis parabéns para Raquel.... Desexando poder ler a súa nova proposta poética.