CONFERENCIA NO AGUIAR DO PROFESOR ÓSCAR LOUREDA LAMAS

O vindeiro luns 24 de outubro, a partir das 9,30h. , o Salón de Actos do IES Francisco Aguiar será testemuña dun reencontro.

 

 

Retorna ao noso instituto, para impartir unha conferencia ao alumnado de 2º BAC, un antigo alumno, Óscar Loureda Lamas. Nela dirixirase aos nosos alumnos de último curso de Bacharelato nunha charla que levará por título: "Todo o que queres saber da Universidade e nunca te atreviches a preguntar: estudar, formarse, traballar, crear unha sociedade de coñecemento".

Óscar Loureda é doutor en Filoloxía Hispánica pola Universidade da Coruña e Catedrático de Teoría da tradución, Lingua Española e Lingüística Xeral na Universidade de Heidelberg ( Alemaña). Nela dirixíu o Instituto de Tradución e fundou o Centro de Estudos de Iberoamérica. Actualmente é Vicerreitor de Calidade e Desenvolvemento na dita Universidade. Autor de máis dun cento de publicacións e autor e editor dunha ducia de obras. Óscar é, sen dúbida, un dos filólogos máis destacados no estudo da Lingüística de texto, a tipoloxía textual ou a etnolingüística. 

 O noso ex alumno é ademáis membro do xurado dos Premios Princesa de Asturias de Ciencias Sociais que se entregarán na vindeira fin de semana.

 

 

Para o Aguiar é unha grande honra contar coa súa presencia

e constatar o cariño que aínda garda polo seu antigo instituto.