Xornada de fin de curso 2015-2016


O mércores 22 de xuño remata a actividade lectiva no Aguiar por este curso. 

Con "normalidade" terán lugar as catro primeiras horas de clase ata as 12.30. Nese momento daremos paso á actividade festiva cun programa que inclúe

 

O "XIII Torneo de Xadrez Francisco Aguiar" que terá lugar no porche á beira da cafetería ( neste único caso dende as 10,40h)

 

O, xa clásico, festival de Fin de Curso cunha chea de música, baile e teatro  onde diversos grupos amosarán as súas cualidades e o traballo realizado ao longo do ano.

 

Un torneo de Jugger organizado por algúns antigos alumnos. Terá lugar nas pistas exteriorres 

 

Master-class de baile e zumba impartido por alumnas e alumnos de 4º da ESO no Ximnasio