Busca-Ciencia unha actividade da "post-Semana da Ciencia" na Biblioteca

 

 

Busca-Ciencia é un concurso deseñado dende a biblioteca como unha actividade inscrita na V Semana da Ciencia e da Tecnoloxía.

Cinco parellas de cada curso, distribuídas nos cinco recreos, acudiron á biblioteca para atoparen a resposta ás preguntas que se lle plantexaran, todas elas relacionadas coa ciencia. Contaron co apoio e asesoramento do resto da clase, pois o concurso foi concibido como unha actividade colaborativa para todo o grupo, e, do mesmo xeito, o premio (unha gorentosa merendola na cafetería do instituto), será desfrutado por todos.

Tiveron que demostrar a súa pericia como usuarios da biblioteca, localizando os materiais co manexo da CDU e as etiquetas, identificar e seleccionar información, tanto nos materiais físicos coma co manexo das fontes de información dixital.

 

                             

  Durante esa semana a biblioteca converteuse nun centro de exploración activo, as cabezas bulían rápidas entre os andeis e xuntábanse na volta dos computadores, buscando a resposta axeitada, que chegaba con moita rápidez ao posto de comprobación. 

A Biblioteca era un fervedoiro.

Os libros salían das estanterías a unha velocidade incrible ( cantas mais preguntas resoltas, mais puntos).

Os rapaces coma tolos a ver quen respostaba no menor tempo posible.

Os ordenadores botando fume. En fin, unha ledicia ver o panorama durante esta semana de tanta actividade.

 

 

Finalmente,  xa temos gañadores do concurso Busca-ciencia, que se desenvolveu na biblioteca ao longo da semana pasada (do 18 ao 22 de abril), e que se alongou ata o martes 26 de maio co desempate entre os grupos de 3ºA e 4ºA.

No primeiro ciclo gañou o curso de 2ºB e no 2º ciclo e curso de 4ºA.

 

 

 

 

 

 

 

En ausencia dos compañeros de 2º B ( en Brañas de Valga)                                Eufóricos i entusiastas os alumnos e alumnas de 4º A