Terceira xornada da IV Semana da Ciencia e da Tecnoloxía. Mércores 15 de abril
Imos facendo etapas na nosa particular celebración da Ciencia e da Tecnoloxía. "Alucinamos" coas posibilidades da imaxe na detección precoz que nos amosou o Doutors Ruibal, percorremos corridores ás carreiras para cubrir a yincana matemática, xogamos e solidarizámonos co que nos tiñan preparado os alumnos da UDC, amosamos bo pulso cos relés e aprendemos a extarear ADN ...pero mañá seguimos.
Para empezar diremos que mañá a nosa semana da Ciencia terá un publico moi especial. Porque mañá visítannos os rapaces do Colexio Vales Villamarín que o ano próximos encherán de vitalidade as nosas aulas de 1º da ESO. Non se nos ocorríu mellor recibemento que integralos na chea de actividades desta terceira xornada da Semana da Ciencia e da Tecnoloxía.
1. Manteremos algúns esforzos xa feitos en días pasados: tecnoloxías agrarias tradicionais, sensacións de Física, invernadoiros mecanizados con Arduino, extracción de ADN, Corazón Corazón, e yincana matemática.
2.- Pero tamén iniciaremos algunhas novidades sobre todo no ámbito da tecnoloxía:
- Alumnos de 2º da BAC ensirarannos o funcionamento de motores de corrente alterna (¿iso tiña algo que ver con AC/DC?)
- Alumos dese mesmo curso porán en funcionamento montaxes de electro pneumática en un robot MoWay
3.- No recreo poderemos disfrutar do lindo cunha competición de 6 coches seguedores de liñas(o noso particular "fast &furious")