O Aguiar no 33º Outono Fotográfico
Outono Fotográfico é o máis importante festival galego de fotografía, o decano da Península Ibérica.
Este ano chega á súa 33ª edición baixo o título "Periferias". Ofrece unha ampla programación que se presentarará en toda a xeografía galega ( Ourense, O Barco, Celanova, Chantada, Monforte, Oleiros, Pontedeume, Pontevedra, Vigo, Xinzo...) e completarase coa proposta de catro exposicións na cidade de A Coruña :
- Ana Gil na Casa Museo de María Pita (1 a 31-XII),
- Javier López Prol na Casa Museo Casares Quiroga (2 a 31 XII);
- unha colectiva "Fotografando Instantes" na Casa Museo de María Pita (10 a 29- XI)....
- e a exposición colectiva dos nosos alumnos/as de 4º da ESO do pasado curso: "Betanzos Histórico. Unha mirada xove sobre a cidade vella" que estará exposta do 3 ao 29 de novembro na Casa Museo Casares Quiroga sita na coruñesa rúa Panaderas 12.
Para toda a comunidade educativa do Aguiar é unha auténtica honra poder participar co noso traballo nesta prestixiosa mostra. O traballo do noso alumnado coa dirección e coordenación de Tono Mejuto e do profesor Xosé Manuel Rey son así xustamente recompensados.
O vindeiro domingo terá lugar a inauguración oficial á que nos comprace convidar a todos os amigos do Instituto: alumnos e ex_alumnos, profesorado actual ou pasado, nais e pais, personal non docente ...
Agardamosvos pois o 8 de novembro ás 12,30 na Casa Museo Casares Quiroga, rúa Panaderas 12, de A Coruña
O fotografo dista reportaxe roga disculpas.
Non todos os alumnos participantes aparecen nesta imaxe.
Uns porque xa non están no Aguiar (estudando, algúns fotografía, noutros centros)
outros porque non puideron acudir á "sesión fotográfica".
Pero o mérito é de todos e cada un dos que traballaron neste proxecto, alumnado e profesorado
independentemente de que estean na foto ou non.
Grazas.