Chegou aos nosos oídos ....doble e musical: Say my name e Lilaina, Rubal e Montero

Chegaron aos nosos oídos....as andainas musicais de algunhas ex alumnas do Aguiar. Por unha banda o concerto de presentación do seu primeiro disco do grupo "Say my Name" ( dos que xa temos falado e empregado algúns dos seus temas para ilustrar as crónicas audiovisuais de actividades do insti') A presentación será o 18 de xullo ás 23 h en Coruña no Pub "Puticlú" con "Us in the mirror" como artista invitado. Entrada gratuita! O ritmo en "Say my name" pono, coa súa batería a ex do "Aguiar", Valeria Rubal. 

Por outra banda  o noso querido grupo de cantareiras, "Lilaina", participa no concerto de inauguración do Festival de Ortigueira ,festival que vén sendo dende 1978 referencia do folk galego e atlántico. Será o xoves 16 de xullo, ás 20.00 h. na Praza de Isabel II. Lilaina está formada polas irmás e ex alumnas do Aguiar: Mariana, María e Alejandra Montero