Chegou aos nosos oídos...Óscar García Ramos premio de Poesía María Mariño

Chegou aos nosos oídos ... que o compañeiro e profesor de Lingua e Literatura Galega,  Óscar García  Ramos,  acaba de recibir o  máximo galardón do Premio de Poesía "María Mariño" que convoca a "Asociación Teenses pola Igualdade" da localidade de Teo.  O premio recoñece a calidade do seu poema "Ubicuidade e Ucronía".

 Non é a primeira vez que damos conta do recoñecemento á obra literaria do noso compañeiro que foi gañador da VI edición de "Ciencia que Conta" co relato "Crónica dunha Ascensión".

  Tamén é de recoñecer o  traballo no Aguiar como profesor de Lingua e Literatura Galega , o seu mestrado en xadrez, a diplomatura en "proxelectia" concedida pola Biblioteca "Sebastián Buedo Jiménez", as incursións no radio-teatro, e o seu entusiasmo musical (en fa menor), que deu lugar dende  divertidas cancións para o entroido ata outras, sentidas e reivindicativas,  como "Vivo en ti".

  Por riba de todo, un grande compañeiro  ao que queremos felicitar cordialmente