Chegou aos nosos oídos... "Los inesperados" en Ferrol

Chegou aos nosos oídos.... e non dabamos creto. Hai un ano aínda estaban connosco no Aguiar ( hoxe só nos queda un). Actuaban para nós ataviados de riguroso pixama  no festival de NadalVergoña.

O xoves 19 "Los Inesperados" (Pepo, Roi, Edu e Pablo) participan no universitario festival de  San Pepe, no campus de Esteiro en Ferrol. A partir das 4, xunto a Not Only Shills e Adóbriga.