O xadrez nas aulas....

 

O pasado 11 de febreiro os nosos políticos sorprendéronnos co máis inusual que se pode ver no noso Parlamento: UN ACORDO DE TODAS AS FORZAS POLÍTICAS.¿E cal era dito acordo? Nada menos que procurar a introdución do xadrez no sistema educativo como unha asignatura dacordo coas recomendacións do Parlamento Europeo (pódese ler a noticia premendo neste enlace)

Pois ben, no Aguiar non podemos presumir de que estea como materia pero si dun labor de anos incentivando o xadrez entre os nosos alumnos. Detrás diste esforzo hai un empeño do noso profesor Óscar García e unha resposta que non fallou ao longo de moitos anos nas sucesivas xeracións de alumnos e alumnas.

Como non se trata de presumir en van faremos reconto dalgunhas distas iniciativas que quedaron reflexadas nesta web:

Ollade a reseña do protagonista. Pablo del Río de 1º da ESO

 

Eu de pequeno empecei a xogar o xadrez.O outro día no instituto o meu profesor de galego díxome se me gustaría xogar unhas partidas de xadrez contra rapaces de bacharelato. Eu quixen ir.

 

O día das partidas xoguei e gustoume moito, xogar ese día foi tremendo, as partidas foron moi pelexadas e moi entretidas.Doulle grazas aos que xogaron contra min por ser rivais tan xenerosos, por querer xogar   Foi no recreo de bacharelato, eu sempre falo cos meus compañeiros no recreo, pero ese día foi máis divertido porque xoguei ao xadrez.

 

¡Apuntadevos a xogar ao xadrez que é moi divertido!

 

PABLO DEL RÍO.   1º  ESO   A

 

  • Engadide que hai taboleiros e fichas a disposición dos rapaces para o seu uso en horas de lecer ou sen clase.

 

Como remate queremos sumarnos no apoio a esta inciativa co seguinte artigo: Dez argumentos para defender o xadrez nas aulas.