Exposición e Obradoiro de Sensores. Viaxe formativa a Lugo. 21.XI.2014

Organizado polos profesores Luisa Muiño e Juan Neira, o venres 21 de novembro un nutrido grupo de rapaces e rapazas de 2º BAC e 4º da ESO, alumnos de Física, Tecnoloxía e Electrotecnia, terán a oportunidade de realizar unha viaxe formativa a Lugo.

Alí poderán visitar unha exposición e participar activamente nun obradoiro sobre "Sensores". Ambas actividades tratarán sobre os sensores físicos: sensores de temperaturas, de son, de distancia, de luz, de infravermellos, acelerómetros, xiróscopos, GPS, de orientación... e o seu uso e aprendizaxe na clase, na ciencia e na arte.

1-. No obradoiro "SENSORES" os nosos alumnos aprenderán  a manexar os robots NXT  realizando, despois,  unhas dez experiencias de datalogging ou captura de datos. Fronte a outras maneiras de ver o ensino (materias illadas entre si e coa vida real) propónsenos nesta actividade que se impliquen todas as ciencias STEM (Matemáticas con representación de datos, Física con toma de datos físicos -son, temperatura, humidade, distancia...-  eTecnoloxía) , pois os aparatos son propios da clase de tecnoloxía, ainda que se empreguen noutras clases ou mesmo na Arte.

2.- O anterior sería un apartado que complementa a exposición "SENSORES" na que figuras artísticas feitas en Processing e outras linguaxes proxectadas cun canón evolucionen no tempo e esa evolución teña en conta os sensores que a compoñen, de luz, distancia, PIR, KINECT, etc.

 

Os nosos científicos-tecnólogos en ciernes sairán cara a Lugo ás 12.20 contando con chegar e facer unha comida rápida cos "bocatas" previamente preparados. De xeito que a actividade desenvolverase entre as 14 e as 17 horas. Ás 18 ou 18.30 contamos con estar de volta.