Conferencia-coloquio sobre a arte urbana e o graffiti por Xosé Luís Mosquera

Este curso 2014-2015,  o Departamento de Lingua e Literatura Galega ven de programar a lectura, por parte do alumnado de 2º da ESO, da obra de Xesús Fraga,  "Reo" que foi merecente o ano 2012 do IX Premio de Literatura Infantil e Xuvenil "Raiña Lupa" que concede a Deputación de a Coruña.

Co obxecto de preparar esta lectura o Departamento pensou introducila cunha charla coloquio relativa á arte urbana e ao graffiti.  O luns 10 de novembro a 4ª hora no Salón de Actos do Instituto o profesor de Historia da Arte Xosé Luis Mosquera Camba, bo coñecedor da historia do graffiti en Betanzos,  será o encargado de impartir e moderar esta charla.

Para os que non poidan asistir deixamos o enlace cun artigo de Xosé Luis Mosquera publicado no Anuario Brigantino do ano 2012.