Excursións ao Monte do Gato.
No relativo a este tema temos dúas noticias...unha boa e outra mala.
Empezaremos pola mala. O xoves 16 vémonos na obriga de suspender a excursión programada ao Monte do Gato co alumnado de 1º da ESO C e D ante o anuncio de cicloxénese explosiva .
En vindeiras datas retomarase a visita con estes grupos.
A boa noticia é que a saída programada co alumnado de 1º da ESO A e B ao mesmo Monte do Gato ( Coirós) para o venres 17 non terá que ser, en principio, posposta. Acompañarán ao alumnado os profesores: Pepe Valverde, María Pazos e Óscar García.
»