Nova edición da Hora de Ler. 2014-2015

1 SEMANA [1ª SESIÓN]



Retomamos a actividade Hora de ler nos grupos da ESO.

Esta semana, durante os quince primeiros minutos da primeira sesión de clase, os alumnos estarán a ler os libros que xa escolleron na Biblioteca ou ben os que elixiron previamente para estes instantes de lectura pracenteira.
Os que esqueceran levar o libro poden coñecer no fermoso relato de Etgar Keret a exemplar historia de Yoavi, ou constatar no relato de Fran Alonso que torres máis altas caeron.
 
E nós, aínda permanecemos aquí, disfrutando do risco.

E nós, aínda permanecemos aquí, disfrutando do risco.