Safari Fotopoético 2014. Xosé Mª Díaz Castro.

Un paso adiante e outro atrás, Galiza,
e a tea dos teus soños non se move.
A espranza nos teus ollos se espreguiza.
Aran os bois e chove.
Xosé Mª Díaz Castro





A Biblioteca do IES Francisco Aguiar de Betanzos convoca a súa comunidade escolar a un Safari Fotopoético sumándose á homenaxe das Letras Galegas a Xosé María Díaz Castro.

Rexirase polas seguintes bases:
  1. Poden participar todos os alumnos e alumnas do IES Francisco Aguiar. Ábrese igualmente a toda comunidade escolar que desexe participar, nais-pais, persoal docente e non docente, ex-alumnos e ex-alumnas.
  2. As datas nas que se realizará o Safari Fotopoético estarán comprendidas entre o 17 e o 25 de maio do presente ano 2014.
  3. O día 26 de maio será a data límite para o envío / entrega das fotopoesías.
  4. As fotogrfías deberán ser orixinais e tomadas preferentemente no Casco Antigo de Betanzos. 
  5. As fotografías deben ilustrar algún verso ou idea das que se axuntarán a estas bases nesta pequena escolma poética.
  6. O texto do verso elexido debe aparecer integardo na propia imaxe.
  7. As imaxes a concurso poderán entregarse en formato dixital (pendirve ou CD) na Biblioteca do IES Francisco Aguiar, ou ben enviarse ao correo electrónico da Biblioteca [bibliofranciscoaguiar@gmail.com].
  8. O premio consistirá nunha camiseta coa impresión da imaxe gañadora.
  9. O Xurado estará presidido por un representante do Equipo Directivo, dous profesores/as (un membro do Equipo da Biblioteca, e outro membro dos Departamentos de Lingua Galega ou Educación Plástica) e un alumno/a (designado pola Xunta de Delegados).
  10. Os premios entregaránse avaliando os traballos presentados, segundo os seguintes criterios:
  • 50% pola calidade e orixinalidade da imaxe,
  • 40% pola adaptación deo texto á imaxe elexida, e
  • 10% polo enxeño e creatividade na inserción do texto.