CONMEMORACIÓN DAS LETRAS GALEGAS 2014
O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do noso instituto que coordena o profesor Xan Munín, en colaboración co Equipo de Normalización do Concello propoñen para celebrar o Día das letras Galegas estas actividades
Durante os días 5 a 8 de maio dous cursos de 3º da ESO puideron participar nun Obradoiro de Creación Literaria dirixido, nada menos que, polo poeta e editor Miguel Anxo Fernán Vello.
Entre o 12 e o 15 de maio serán os alumnos e alumnas de dous cursos de 2º da ESO os que terán a fortuna de participar nun Obradoiro Radiofónico adicado á figura de Xosé María Díaz Castro. Aínda máis, este obradoiro estará impartida pola nosa ex alumna Lucía Abarrategui e por Sergio Pascual.