Chegou aos nosos oídos... actuación estelar de "aguiares" no video da Cruz Vermella

O venres 25 de abril. Nunha presentación entrañable da memoria da Cruz Vermella de Betanzos que tivo lugar no Liceo,  un grupo de alumnas e alumno de 2º recolleron o recoñecemento polo seu labor solidario.

Como remate ao acto a proxección dun happy-video dirixido polo realizador betanceiro Andrés Seijo Calviño ( Calviño por parte de tía). Nel disfrutamos co seu optimismo e coas actuacións estelares da susodita tía, Begoña ; dun nutrido grupo de bailaríns do Aguiar e doutro grupo de alumnos e alumnas do noso centro voluntarios na Cruz Vermella.  Aquí o tedes.