Visita do alumnado de 2º de bacharelato ao "Ciclotrón"
A semana que transcorrerá entre o 7 e o 11 de abril será este ano a grande festa da Ciencia e a Tecnoloxía no Aguiar coa celebración da III Semana da Ciencia e a Tecnoloxía.
Dentro das actividades desta Semana, o luns, a partir das 10,25, o alumnnado de Física e Tecnoloxía de 2º BAC viaxará ao Hospital Clínico Universitario de Santiago invitados por Dn. Álvaro Ruibal Morell, catedrático de Radioloxía e Mediciña Física da Universidade de Santiago de Compostela, e Xefe de Mediciña Nuclear do Hospital Clínico Universitario de Santiago. Con esta visita terán a ocasión de coñecer unha das últimas tecnoloxías no campo da imaxe molecular, o Ciclotrón (acelerador circular de partículas)
Estamos seguros que será de grande interese para o alumnado e un auténtico privilexio que os rapaces e rapazas do Aguiar poidan coñecer de primeira man instalacións tan punteiras.