"Imaxe Molecular" Conferencia de Dn. Alvaro Ruibal Morell
Mañá venres, 31 de xaneiro, alumnos e alumnas de Física e Tecnoloxía do 1º e 2 de Bacharelato no IES “Francisco Aguiar” poderán asistir a unha das actividades do programa “A Ponte” que promove a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e que pretende achegar ao alumnado de secundaria á Universidade.
Nesta ocasión a actividade iniciarase ás 10,25hs e consistírá nunha Conferencia que leva por título “Imaxe Molecular” e estará a cargo de Dn. Álvaro Ruibal Morell, catedrático de Radioloxía e Mediciña Física da Universidade de Santiago de Compostela, e Xefe de Mediciña Nuclear do Hospital Clínico Universitario de Santiago. Este profesor estará acompañado por lo seu estreito colaborador D. Michel Herranz, doutor en Bioloxía Molecular, "Molecular Imaging Program Director" e "PET Radiopharmacy Unit Director"