Viaxe de estudos á Cidade de Roma

 

Os Foros, o Panteón de Agripa, Coliseo, o Ara Pacis.... e, por suposto, algunha que outra pizzería ou gelatteria son o destino dun grupo de 17 rapaces e rapazas do Aguiar dende o 27 de febreiro ata o 4 de marzo.

Esta viaxe recupera a tradición das saidas a destinos do mundo clásico  co que os nosos compañeiros, Sebastián Buedo e Rafaela Villalba, fixeron disfrutar a tantas xeracións de estudiantes do "Aguiar".- Nesta ocasión son as profesoras Lucía Sáez e Elvira Castro as que acompañan na viaxe  a Roma a un entusiasta grupo de alumnos e alumnas de 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato.