Chegou ata os nosos oídos......."Nicanora", Lúa e Zeltia, Zeltia e Lúa Mosquera

"Chegou ata os nosos oídos..."  é unha etiqueta da web do IES "Francisco Aguiar". Con ela queremos facermos eco  do que ocorre máis aló dos muros do Instituto. Eventos e noticias relacionados con persoas que estiveron entre nós (alumnado ou profesorado, comunidade escolar en xeral) ou con aquelas que aínda forman parte deste proxecto educativo. Trátase de amosar outra cara que non sexa a estrítamente académica.  


Chegou aos nosos oídos..., e hoxe aparece na Voz de Galicia,  unha reseña sobre o traballo de dúas ex alumnas Lúa e Zeltia Mosquera. De gañadoras de premios literarios na súa época do instituto,  agora témolas convertidas en deseñadoras moi personais de moda a través da súa empresa Nicanora.

Hoxe, de 17 a 22 horas, participan nun mercadiño para Cruz Vermella que ( lembrando ás súas dotes literarias)   leva por título un verso de Alberti: «Soy el primer color de la mañana»

 ¡Noraboa!



Agradecemos  a calquera que aporte novas relativas á grande comunidade do IES Francisco Aguiar. Estaremos encantados de dalas a coñecer a través desta páxina