Chegou ata os nosos oídos......."Historias de Betanzos" de Xosé Tomás
"Chegou ata os nosos oídos..." é unha etiqueta da web do IES "Francisco Aguiar". Con ela queremos facermos eco do que ocorre máis aló dos muros do Instituto. Agrádanos dar a coñecer eventos e noticias relacionados con persoas que estiveron entre nós (alumnado ou profesorado, comunidade escolar en xeral) ou con aquelas que aínda forman parte deste proxecto educativo. Trátase de amosar outra cara que non sexa a estrítamente académica.
Hoxe, cun certo retraso vacacional, damos conta de que chegou aos nosos oídos... que o ex alumno do Aguiar, Xosé Tomás Díaz Teijo, presentou o pasado 27 de decembro no Salón Azul do Liceo o primeiro volumen de "Historias de Betanzos". Unha obra de banda deseñada no que comeza o seu repaso por algúns aspectos da historia da nosa cidade. O seu afán didáctico (non en van é compañeiro nas lides educativas como profesor de Inglés) levouno a engadir tamén un pequeno caderniño de traballo-guía de observación.
Noraboa a Xosé Tomás por este libro -e por todo o seu traballo- do que Betanzos e o seu vello Insti' se sinten ben orgullosos.
E xa sabedes... dádenos a coñecer noticias relativas á grande (e espallada polo mundo mundial) comunidade educativa do Aguiar.