Chegou ata os nosos oídos......."Ciencia que conta", Oscar García Ramos

Pois si... xa sabedes todos e todas  que  "Chegou ata os nosos oídos..."  é unha etiqueta da web do IES "Francisco Aguiar" coa que queremos facermos eco  do que ocorre máis aló dos muros do Instituto. Agrádanos dar a coñecer eventos e noticias relacionados con persoas que estiveron entre nós (alumnado ou profesorado, comunidade escolar en xeral) ou con aquelas que aínda forman parte deste proxecto educativo. Trátase de amosar outra cara que non sexa a estritamente académica.  

 

      Hoxe temos o pracer de anunciar con toda a solemnidade que este medio nos permite(non sigan lendo sen clicar este enlace , por favor) 

que o profesor de Lingua e Literatura Galega do IES Francisco Aguiar, Dn. Oscar García Ramos Inocente acaba de recibir un premio na

categoría de "público xeral",  no certame de relatos "Ciencia que Conta 2013" que organiza a Fundación Barrié. Recibíu este premio  o

pasado sábado 14 de decembro na Sede da Fundación Barrié en Vigo.

          O seu relato, "Crónica dunha ascensión" (que agardamos poder ler próximamente), será proposto para formar parte do libro

colectivo "Ciencia que conta 2013" que recolle relatos premiados e seleccionados da edición  do concurso neste ano.

O xurado, formado por Agustín Fernández Paz, Cristina Trillo Yáñez e Xosé Lois González Vázquez,  argumentou o premio ao  relato de

Oscar deste xeito:

   "Valorouse neste texto o hábil ton humorístico que o percorre de principio a fin, así como a simbólica fábula que se nos conta, na que se mesturan materiais

propios do costumismo e do realismo fantástico. As pinceladas científicas intégranse con total naturalidade no conxunto do relato"


¡Parabéns!