Chegou aos nosos oídos.... Miguel Anxo Prado. Premio Nacional de Cómic

Hoxe chegou aos nosos oídos.... a través do blogue dos compañeiros e compañeiras da Biblioteca este máis que merecido recoñecemento

MIGUELANXO PRADO, Ardalén, El Patito Editorial, Santiago, 2012, 256 páxinas.

[COM PRA ard]
**********
Temos a sorte de poder presumir de ter moi perto de nós a Miguelanxo Prado, Premio Nacional de Cómic. Poderíamos destacar que é un home próximo que non ten problema en atopar un oco na súa complexa axenda para compartir cos docentes a súa sabedoría de narrador visual. Hoxe, o máis indicado é celebrar simplemente ao xenial artista.