Chegou ata os nosos oídos.... Olga Patiño. "Silencio habitado"

"Chegou ata os nosos oídos..." é unha etiqueta da nosa páxina do IES Francisco Aguiar. Con ela queremos facernos eco da vida que hai máis aló do propio centro. Concretamente aquela que se relaciona con xente que pasou por aquí (como alumnos/as ou profesores/as) ou con persoas que aínda forman parte da nosa comunidade escolar e que nos amosan outras caras fora do centro.

 

A que foi profesora do noso Instituto, Olga Patiño, presentou o pasado luns na casa de Galicia en Madrid o seu poemario “Silencio Habitado” publicado por Pigmalión Edypro.

Participaron no acto, ademáis da autora, Miguel Losada, crítico literario e escritor; Antonino Nieto, poeta, escritor e artista; Milagros Frías, escritora e periodista; e Basilio Rodríguez Cañada, presidente do Grupo editorial Sial-Pigmalión. Amenizou o acto Orlis Pineda.

OLGA PATIÑO NOGUEIRA é, ademáis de poeta, actriz, directora de teatro y profesora. A súa obra poética abarca "Latexos fragmentados" (2002), "Atmosferas" (2007), "Tempo en desuso" (2008) e "Natureza haiku-Libro de artista" (2010). Ademáis da publicación do poemario "Silencio habitado", tamén está traballando no conto "Noalba: a terra do sol-aluado" i en ""Microrrelatos (relatos bonsái).



Agradecemos calquera noticia que nos poidades comunicar doutros eventos relativos á grande comunidade do IES Francisco Aguiar. Estaremos encantados de dala a coñecer a través desta páxina.

 

.................................%%%%%%%%%%%%%.......................................