Eventos
Domingo Septembro 29, 2024
Un ano máis, o noso IES organiza unha viaxe cultural a Londres, dirixida a alumnado de 4º da ESO. Desta volta, 33 participantes gozarán da capital europea durante 6 intensos días nos que visitarán os lugares máis emblemáticos, asistirán a un musical, voarán na noria...
Start: 29/09/2024 11:47
Que poderá estar a ler a nena lectora?
A nena lectora que protagoniza o relato de Manuel Rivas lía en voz alta na Fábrica de Tabacos, para o pracer das cigarreiras, a Balzac, Zola, Dickens ou Galdóa.
A nena eterna da ilustración de Susana Surinada pode estar a recitar un poema de Manuel Curros Enríquez ou a ler un relato de Luz Adrianaga Bedoya.
Luns Septembro 30, 2024
Start: 30/09/2024 19:37
Nesta ocasión, Raquel Vázquez ven á nosa páxina pola publicación dun libro de aforismos, Entre coche y andén, Renacimiento, Sevilla, 2024.
Para a presentación na cidade de A Coruña [berbiriana, mércores 2/10/24 19h] estará acompañada por Francisco Rodríguez Coloma.
Mércores Outubro 02, 2024
Start: 02/10/2024 15:29
HORARIOS E DÍAS DE REUNIÓNS COAS FAMILIAS
LUNS 7 DE OUTUBRO
1º ESO : 17:00 [SALÓN DE ACTOS]
2º, 3º, 4º: 17:00 [AULA DE REFERENCIA]
2º BAC A, e D: 17:00 [AULA DE REFERENCIA]
1º BACHARELATO: 17:45 [SALÓN DE ACTOS]
MARTES 8 DE OUTUBRO
2º BAC C: 18:15 [AULA DE REFERENCIA]
2º BAC B: reunión adiada.
Venres Outubro 04, 2024
A͟͞T͟͞E͟͞N͟͞C͟͞I͟͞Ó͟͞N͟͞,͟͞ ͟͞A͟͞T͟͞E͟͞N͟͞C͟͞I͟͞Ó͟͞N͟͞!͟͞
A nosa mascota Lelo espérate na Biblio con estes xogos recén chegados! Achégate no recreo e fai o unboxing, que están sen estrear!!
@bescolaresgal
Domingo Outubro 06, 2024
Start: 06/10/2024 12:50
Jacques Prévert escribiu no seu poema titulado Les Feuilles Mortes:
Oh ! je voudrais tant que tu te souviennes
Des jours heureux où nous étions amis.
En ce temps-là la vie était plus belle,
Et le soleil plus brûlant qu'aujourd'hui.
Les feuilles mortes se ramassent à la pelle.
Tu vois, je n'ai pas oublié...
Les feuilles mortes se ramassent à la pelle,
Les souvenirs et les regrets aussi
Et le vent du nord les emporte
Dans la nuit froide de l'oubli.
Para que o nordés non alonxe de nós os recordos dos bos momentos vividos, para dificultarlle a existencia a fría noito do esquecemento, seguemos a ler.
Luns Outubro 07, 2024
Os grupos de 3º da ESO visitan a exposición "Betanzos histórico: as cores da cidade", con fotografías tomadas por alumnado en maio de 2023. Esta exposición englóbase no programa "Fotografía en curso" que busca explorar cunha cámara o casco histórico de Betanzos para así aprender a valoralo e conservalo.
A exposición estará aberta ata o 10 de outubro.
Martes Outubro 08, 2024
O alumnado que aprobou o exame do DELF B1 da Alianza Francesa no curso anterior recibiu o pasado día 8 os seus diplomas.
Parabéns!
Domingo Outubro 13, 2024
Start: 13/10/2024 19:34
A mirada atenta ao rapaz que pronuncia as palabras.
Pode ser que estea a dicir: «En la radio de música clásica la locutora dice que la próxima pieza va a ser un poema sinfónico....» ou «Díselles lobicás en Lugo, os cans que teñen sangue de lobo». pois así comezan as narracións que constitúen as suxestións de lectura desta semana.
Luns Outubro 14, 2024
O noso centro resultou seleccionado para participar na VI National Cyber League.
Trátase dunha competición de ciberseguridade para promover a aprendizaxe e o desenvolvemento de habilidades en seguridade informática a través de desafíos e probas en entornos controlados. Está organizada pola Garda Civil en colaboración coa Consellería de Educación e vai dirixida a alumnado de 4º da ESO.
Martes Outubro 15, 2024
Un ano máis, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e a nosa Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez convocan o concurso de [micro]relatos de terror para o alumnado matriculado no IES Francisco Aguiar neste ano académico.
Animádevos a enviar as vosas creacións a bibliofranciscoaguiar@gmail.com!
Convócase ás familias do alumnado de 3º da ESO interesadas en participar no viaxe á neve a unha reunión o vindeiro martes 22 de outubro ás 18.15 no salón de actos do instituto.
Mércores Outubro 16, 2024
Start: 16/10/2024 12:15
A Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez organiza, por quinto ano consecutivo, o concurso artístico-literario que permitirá a edición do Calendario Aguiar.
Todos os alumnos que desexen participar, farán unha ilustración relativa a un dos doce meses do ano.
As ilustracións deberán adoptar unha disposición horizontal.
Acompañará á ilustración unha frase curta en galego, referida ao mes elexido. Esa frase, irá no reverso da lámina ou nun papel anexo.
Os traballos, orixinais, serán entregados aos profesores de Educación Plástica e Visual ou na Secretaría.
A data límite será será o martes 5 de novembro. .
Os doce mellores traballos conformarán o calendario Aguiar para o próximo 2025.
A nosa alumna Sofía despediuse da súa familia francesa en Metz e xa está de regreso connosco despois dun mes de inmersión lingüística e cultural co intercambio Edumob da Consellería de Educación. Pronto recibiremos no noso centro á súa correspondente Mathilde.
Xoves Outubro 17, 2024
Venres Outubro 18, 2024
O alumnado de 4° de ESO gozou dunha visita guiada ao museo da vila de Betanzos. Este museo, de aspecto decimonónico, aínda que inaugurado en 1983, vén de sufrir unha interesantísima remodelación que o transporta ao noso século XXI. Ademais ten unha nova sección musical. Noraboa ao Museo das Mariñas!
Sábado Outubro 19, 2024
Start: 19/10/2024 17:45
A nosa recomendación será sempre ler.
Aínda que non nesta nada ergonómica postura, porque, ben sabido é, como recorda este tempo de outono, case todas as follas caen...
Luns Outubro 21, 2024
Que é unha tarde de Halloween sen pelis de medo? Sabías que moitas pelis de terror están baseadas en libros? Achégate á Biblio e pasa unha tarde de verdadeiro espanto cunha das lecturas que temos seleccionadas para tí.
Aclaración: a Biblioteca non se fai responsable das noites sen durmir polas lecturas dos libros propostos.
Martes Outubro 22, 2024
Mércores Outubro 23, 2024
O 24 de outubro as Bibliotecas estamos de celebración!!! E temos preparadas moitas cousiñas! Novos xogos, busca do tesouro, podcasts, ioga… Non deixes de vir á Biblio! É o noso día e ímolo celebrar ao grande!
Xoves Outubro 24, 2024
Hoxe non paramos na Biblio!
Tres buscas do tesouro, unha sesión de mindfulness, crochet, lectura, xogos… Foi un día cheo de aventuras e diversión! Aquí vos deixamos fotos da celebración do noso día. Longa vida ás Bibliotecas!
O alumnado de 4º da ESO da materia de FOPP participa no desenvolvemento dun pequeno proxecto artístico que permita plasmar como sente e pensa a adolescencia en relación a temas que lle son importantes.
O alumnado de 3º da ESO que cursa Educación Dixital participou nun interesantísimo obradoiro ofertado pola Consellería de Educación.
Domingo Outubro 27, 2024
Start: 27/10/2024 17:09
Nestas datas que anteceden o día de defuntos, as lecturas ben poden axudar a desacralizar a Morte, a desmontala, con serenidade, das súas maiúsculas para ensinar a vivir a Vida.
Son os medos moi necesarios para encarar os perigos. Mal administrados, eses medos poden ser un atranco para deixarnos vivir a vida.
De todo iso (e de moito máis) falan Encol da morte do Bieito, un relato de Rafael Dieste, e un conto transilvano adaptado por Ana Cristina Herreros.
Deixamos a curtametraxe sobre o relato de Dieste (que fixera Xudit Casas), para os que pensan que convén ver tamén a película.
Luns Outubro 28, 2024
Start: 28/10/2024 10:17
Parabéns ao noso alumno Guillermo Mallo polas magníficas fotografías deste fenómeno atmosférico que moi excepcionalmente nos agasalla o firmamento.
Martes Outubro 29, 2024
Start: 29/10/2024 18:18
ACTA DA REUNIÓN DA XUNTA ELECTORAL DO 29 DE OUTUBRO DE 2024
Ás 16:15 horas do 29 d enovembro de 2024, reuniuse a Xunta Electoral encargada de organizar e supervisar o procedemento de elección de membros do Consello Escolar do IES Francisco Aguiar, coa seguinte orde do día:
- Constitución da Xunta Electoral encargada de organizar e supervisar o procedemento de elección de membros do Consello Escolar do IES Francisco Aguiar.
- Aprobación dos censos electorais.
- Aprobación do calendario electoral.
- Rogos e preguntas.
Unha vez constituida a Xunta Electoral, adóptanse os seguintes acordos:
- Aprobar os censos electorais dos diferentes sectores.
- Aprobar o seguinte calendario electoral:
Prazo de presentación de candidaturas: Do 29 ata as 14 horas do 7 de novembro. [Nesta entrada están os modelos para a presentación das candidaturas ben na secretaría do IES ou ben vía correo electrónico solictando rexistro de entrada]
Reunión da Xunta Electoral para a admisión, proclamación, publicación e sorteo público das mesas sectorais: 8 de novembro.
Prazo de reclamacións: 11 - 12 de novembro.
Proclamación definitiva de candidaturas: 12 de novembro
Votación alumnado: 19 de novembro
Votación profesorado: 19 de novembro [apertura de mesa:10:20 / peche da mesa: 11:30]
Votación pais/nais: 19 de novembro [de 16:30 ás 18:30]
Votación do PAS: 19 de novembro de 14:30 ás 15:00
Proclamación de candidatos electos: 20 de novemembro
Noa Viqueira Miramontes [representante do alumnado]
José Luis Yáñez Villaverde [representante do PAS]
Álvaro Crego Deán [representante do profesorado]
María López Barcia [representante de nais, pais, titopres legais]
Francisco Rodríguez Coloma [Director do IES Francisco Aguiar]
En Betanzos a 29 de outubro de 2024
|