Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Mércores Septembro 11, 2024
Martes Septembro 17, 2024

A nosa alumna de 1º de Bacharelato, Sofía Suárez Sánchez, xa está en Metz no marco do intercambio do programa Edumob de @edu.xunta . Pasará aló un mes coa súa correspondante do Lycée de la Communication, que pouco tempo despois virá a Betanzos a convivir un mes máis con nós.
Gran experiencia e un lugar idílico para gozala!

 


 

Domingo Septembro 22, 2024
Start: 22/09/2024 18:46

 

 

 


A nosa biblioteca, loxicamente, carece da maxestade da Biblioteca Nacional.

No relativo aos fondos, que dicir...

Aínda así, contén suficientes libros para complacer os diversos gustos dos lectores.

Para os que todavía non escolleran o seu título, deixamos dúas propostas: unha antoloxía de microrrelatos de Ana María Matute e un conto de Marvel Moreno.

Luns Septembro 23, 2024

Hoxe cediño iniciouse a aventura "Estadía en Manzaneda" con alumnado de 1º da ESO... e xa podedes ver nas fotos que non perderon o tempo! Levan toda a tarde facendo diferentes actividades e recoñecendo os espazos.

Mércores Septembro 25, 2024
Segundo ano desta experiencia co alumnado de 1º da ESO e só temos palabras bonitas para describila.
Grazas aos pais/nais por confiar en nós!
 
Agardámosvos na seguinte aventura do Aguiar!


 

Xoves Septembro 26, 2024

Hoxe tivemos o pracer de contar con Manuel Pombal e Suso Pando, grandes actores, locutores, realizadores, directores, guionistas, dobradores... Ofreceron un espectáculo para o alumnado de 1º de Bac no que aprenderon, de maneira lúdica, como funciona a dobraxe. Moitísimas grazas ao Concello de Betanzos por ofrecernos este obradoiro!

 



Domingo Septembro 29, 2024

Un ano máis, o noso IES organiza unha viaxe cultural a Londres, dirixida a alumnado de 4º da ESO. Desta volta, 33 participantes gozarán da capital europea durante 6 intensos días nos que visitarán os lugares máis emblemáticos, asistirán a un musical, voarán na noria...

 

 

Start: 29/09/2024 11:47

Que poderá estar a ler a nena lectora?

A nena lectora que protagoniza o relato de Manuel Rivas lía en voz alta na Fábrica de Tabacos, para o pracer das cigarreiras, a Balzac, Zola, Dickens ou Galdóa.

A nena eterna da ilustración de Susana Surinada pode estar a recitar un poema de Manuel Curros Enríquez ou a ler un relato de Luz Adrianaga Bedoya.

Luns Septembro 30, 2024
Start: 30/09/2024 19:37

 

 

 

 

Nesta ocasión, Raquel Vázquez ven á nosa páxina pola publicación dun libro de aforismos, Entre coche y andén, Renacimiento, Sevilla, 2024.

Para a presentación na cidade de A Coruña [berbiriana, mércores 2/10/24 19h] estará acompañada por Francisco Rodríguez Coloma.

Mércores Outubro 02, 2024
Start: 02/10/2024 15:29

HORARIOS E DÍAS DE REUNIÓNS COAS FAMILIAS 

 

LUNS 7 DE OUTUBRO 

 

1º ESO : 17:00 [SALÓN DE ACTOS] 

 

2º, 3º, 4º: 17:00 [AULA DE REFERENCIA] 

 

2º BAC A, e D: 17:00 [AULA DE REFERENCIA]

 

1º BACHARELATO: 17:45 [SALÓN DE ACTOS] 

 

MARTES 8 DE OUTUBRO 

 

2º BAC C: 18:15 [AULA DE REFERENCIA]

 

2º BAC B: reunión adiada.

Venres Outubro 04, 2024

 A͟͞T͟͞E͟͞N͟͞C͟͞I͟͞Ó͟͞N͟͞,͟͞ ͟͞A͟͞T͟͞E͟͞N͟͞C͟͞I͟͞Ó͟͞N͟͞!͟͞

A nosa mascota Lelo espérate na Biblio con estes xogos recén chegados! Achégate no recreo e fai o unboxing, que están sen estrear!!

 

@bescolaresgal

Domingo Outubro 06, 2024
Start: 06/10/2024 12:50

 


Jacques Prévert escribiu no seu poema titulado Les Feuilles Mortes

 

Oh ! je voudrais tant que tu te souviennes 

Des jours heureux où nous étions amis. 

En ce temps-là la vie était plus belle, 

Et le soleil plus brûlant qu'aujourd'hui. 

Les feuilles mortes se ramassent à la pelle. 

Tu vois, je n'ai pas oublié... 

Les feuilles mortes se ramassent à la pelle, 

Les souvenirs et les regrets aussi 

Et le vent du nord les emporte 

Dans la nuit froide de l'oubli. 

 

Para que o nordés non alonxe de nós os recordos dos bos momentos vividos, para dificultarlle a existencia a fría noito do esquecemento, seguemos a ler.

Luns Outubro 07, 2024

Os grupos de 3º da ESO visitan a exposición "Betanzos histórico: as cores da cidade", con fotografías tomadas por alumnado en maio de 2023. Esta exposición englóbase no programa "Fotografía en curso" que busca explorar cunha cámara o casco histórico de Betanzos para así aprender a valoralo e conservalo.

A exposición estará aberta ata o 10 de outubro.

 

 

Martes Outubro 08, 2024

O alumnado que aprobou o exame do DELF B1 da Alianza Francesa no curso anterior recibiu o pasado día 8 os seus diplomas.

Parabéns!


 

Distribuir contido