Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Xoves Xuño 20, 2024

A nosa noraboa a: Eloy Anido Julia Caamaño Giovanni Casotti

Venres Xuño 21, 2024

Novo número da revista de banda deseñada BD Bande feita por alumnos e alumnas do centro.

PINCHA PARA LER

Nas últimas horas do último día de curso, o Departamento de Educación Física organizou un torneo de fútbol para o alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO. Velaiquí a foto dos gañadores de 1º da ESO!

As profesoras Elvira Castro e Mª José Pardo organizaron, para 2º da ESO e coa colaboración de alumnado de outros niveis, un marabilloso festival de fin de curso. Estas fotos son só unha mostra das variadas actuacións que desfilaron polo escenario, moi aplaudidas. Non hai máis que botarlle un ollo ao programa!

Luns Xullo 01, 2024

Nun mundo globalizado, e no que os avances científicos son constantes, é importante ter mecanismos para crear novos termos que sexan duradeiros no tempo. Por iso, acudimos ao léxico do grego clásico. O alumnado de Fundamentos Léxico xogou a crear novos termos que ben poderían xurdir nun futuro.

 

Martes Xullo 02, 2024

Álex Abad Mourón, alumno de 2º de Bacharelato, recibiu o seu diploma pola participación na proba de lingua grega convocada polo departamento de Filoloxía Clásica da USC e a Sección Galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos. Parabéns a Álex e tamén ao seu profesor de grego, Francisco Calaza. 

Distribuir contido