Eventos
O alumnado de 3º da ESO participa no programa do Sergas YAM (Youth Aware of Mental Health). Trátase dun programa escolar no que os máis novos aprenden e debaten sobre a saúde mental, convidándoos a reflexionar sobre as súas emocións e a considerar diferentes enfoques cando se enfrontan a retos da vida.
O alumnado de 2º da ESO está a colaborar no Programa Meteoescolas mediante a elaboración de "poemas meteorolóxicos" na asignatura de Lengua y Literatura Castellana coa profesora Elvira Castro.
A maioría dos poemas están relacionados coa agua, a chuvia, o sol, as treboadas ou o cambio climático.
Velaiquí unha imaxe de 6 dos poemas máis representativos. Pinchade nela para ver a totalidade dos que foron elaborados!
Durante os días 4 e 5 de abril, celébranse no noso centro as I Xornadas de Sostibilidade. Estas xornadas xorden a partir dunha reportaxe periodística sobre a Pegada de Carbono realizada o ano pasado polo alumnado de Elvira Castro e Mª José Pardo.
Contaremos con relatorios de alumnado, de expertos na materia e de políticos comprometidos na busca dun modo de vida máis sostible.
O xoves e o venres, visitáronnos as nosas compañeiras do IES Valle de Piélagos de Cantabria. Esta visita forma parte da Fase III do programa da Consellería Observa_Acción. As dúas xornadas foron moi enriquecedoras e as reflexións posteriores de seguro que servirán para mellorar a nosa práctica docente.
O alumnado de Historia da Arte e de Xeografía de 2º de Bacharelato visita Santiago de Compostela.
O alumnado de 3º da ESO participa no programa do Sergas YAM (Youth Aware of Mental Health). Trátase dun programa escolar no que os máis novos aprenden e debaten sobre a saúde mental, convidándoos a reflexionar sobre as súas emocións e a considerar diferentes enfoques cando se enfrontan a retos da vida.
O alumnado de 3º da ESO participa no programa do Sergas YAM (Youth Aware of Mental Health). Trátase dun programa escolar no que os máis novos aprenden e debaten sobre a saúde mental, convidándoos a reflexionar sobre as súas emocións e a considerar diferentes enfoques cando se enfrontan a retos da vida.
No marco dunha unidade de inglés sobre comida, os estudantes de 3º A PDC participaron nun pequeno "Morning Snack" na cafetería do centro. Trouxeron preparados da casa diversos snacks doces e salgados para degustar. Ademais, representaron pequenos diálogos no papel de camareiros/as e clientes.
Un xeito diferente e delicioso de comezar a mañá.
Parabéns ao alumnado pola súa implicación e entusiasmo nesta actividade!
Xa se pode consultar no centro a listaxe de alumnado admitido para o curso 2024/2025.
O Centro de Formación e Recursos (CFR) da Coruña ofreceunos a posibilidade de participar, xunto con outros 11 centros de secundaria da provincia, nunha mobilidade a Helsinki (Finlandia). A docente Ana Ruiz, en representación do noso IES, visitou tres centros educativos. Foi unha intensa e moi enriquecedora visita de tres días na que puidemos intercambiar experiencias co profesorado finlandés, observar distintas clases e falar tamén co alumnado.
Unha esopía é un relato, comentario ou poema, cun máximo de 140 caracteres, onde cada palabra leva un número de letras igual ás sucesivas cifras do número π.
Lucas González Díaz, de 2º da ESO B, foi o gañador do concurso deste ano, organizado pola biblioteca escolar. Esta foi a súa obra:
Ahí o allá, o ¿dónde dirigirás mi camino? Andar con deseo. Deseando conseguir anhelos, esperanza. ¿Hay un fin? ¿Superaré todo cuando yo llegue allá?
Parabéns polo traballo e polo premio!
Outra maneira de achegarse á realidade...
«Cuando vives aquí, te olvidas de que solo porque has dejado de hundirte no significa que no estés ya bajo el agua», lemos no relato de Amy Hempel.
Esa é a cita que escolleu Ismael Ramos como antesala da súa na primeira obra narrativa: A parte fácil.
A outra suxestión de lectura: unha escolla de poemas de Lixeiro (Xerais, Vigo, 2021).
ENCONTRO CON ISMAEL RAMOS
A conversa con Ismael flúe sen pausas, ou, mellor dito, sen perdas de tempo. Contra o reloxo.
Queremos falar, desde o entusiasmo, sobre A parte fácil (Xerais, 2023) / La parte fácil (las afueras, 2023), a súa primeira colección de relatos.
Entre as virtudes de A parte fácil, a inequívoca planificación do libro como un todo (personaxes que, sendo secundarios nunha historia, reclaman os focos na que lles corresponde protagonizar), un abano temático que evita as reiteracións, unha consideración do relato como un lenzo renacentista e a execución poemática do texto, que leva a Ismael a dispor cada unha das súas partes de modo milimétrico no conxunto.
Non hai en A parte fácil personaxes planos.
As historias secundarias que, nunha primeira lectura, parecen obeceder a intención do autor de crear un Macguffin, resultan ser, no remate do conto, non un prescindible instrumento de distracción, senón a xema coa que, o Ismael Ramos orfebre, pecha o engarce da xoia, xa sexa unha cazola cun guiso de lebre ou un inesperado corte pelo.
Esa querencia de Ismael Ramos polo detalle explica a complexidade das historias, que obrigan ao lector a reposicionarse cando contempla a escena no seu conxunto. En Unha trampa para coellos un inxenuo lector, na primeira parte do relato, asiste, incrédulo, ás diversas reaccións de tres fillos ante o falecemento da súa nai. O que semellaba ser unha sátira sobre o desafecto e a ocultación da morte na sociedad contemporánea, remata sendo unha moi lúcida diagnose sobre os terribles efectos da emigración nas relacións parteno-filiais.
O cactus, o bote de melocotóns en almíbar ou a grabación da boda na que aparecemos levando as arras á nosa madriña, testemuñan unha evidencia: «el futuro es un tigre».
A algúns xa lles ten mordido.
A outros, aos que seguen a preguntar quen apañou a botella de tequila, axiña lles morderá.
E si, xa antes das 21 horas tiñamos admitido que Amy Hempel leva razón: parar de afundirse non significa non seguir baixo a auga.
Francisco Rodríguez Coloma [Texto]
&
Ana Tomé [Fotografías]
Os días 2 e 3 de maio, celebráronse no noso IES, como vén sendo habitual dende hai case unha década, os Encontros con maiores de Afundación coa temática da Emigración. Nesta segunda volta, o alumnado de 3º da ESO puxo en común cos catro voluntarios participantes os seus pequenos traballos, froito da investigación na súa contorna sobre esta temática.
A actividade foi un éxito e moi ben valorada tanto polo alumnado como polos voluntarios participantes.
Esperamos seguir realizándoa en vindeiros cursos!