Eventos
O alumnado de Linguaxe e Práctica Musical de 1º de Bacharelato gozou dun obradoiro de danza impartido pola compañía Exire, dentro dun programa ofertado polo concello de Betanzos.
O alumnado de Historia da Arte de 2º BAC D visita Sta. María do Azougue, guiados por Julián Ferrer, exprofesor do noso instituto e voluntario na igrexa.
O alumnado de 1º da ESO foi ao Teatro Alfonsetti a ver unha película en inglés subtitulada en español. A actividade, organizada polo departamento de inglés, tenta poñer en valor este tipo de visionado, xa que é unha maneira sinxela de afacer o oído aos sons estranxeiros e aprender vocabulario.
O departamento do Ciclo Superior organizou unha nova visita empresarial. Desta volta, á empresa Maruxas de Nata, en San Sadurniño.
SUPUESTO
Lo que sí asombró al personal del neuropsiquiátrico fue escuchar en los noticieros, en la mañana del 25, que esa noche ningún niño del planeta había recibido su regalo.
O martes 21 celebrouse na biblioteca o I Torneo de Xadrez de Nadal con alumnado da ESO. Estes foron os primeiros clasificados:
1º David Baladrón Arévalo (4º ESO A)
2º Santiago Durán Calvo (2º ESO D)
3º Mario Fernández Vázquez (4º ESO B)
4º Jorge Lorenzo Nogueira (2º ESO A)
Parabéns a eles e a toda a rapazada que participou!
Agradecemos a Xaquedrum a doazón de libros e ao Concello de Betanzos, o regalo dos trofeos.
Alumnado de 2º da ESO, guiados e acompañados por Elvira Castro e Mª José Pardo, organizan o festival de Nadal 2024.
O alumnado de 1º de Bacharelato A organizou un campionato de fútbol entre o alumnado de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de BAC. Para os máis pequenos (1º e 2º da ESO) ademáis de fútbol tamén houbo partidos de brilé e unha exhibición de baloncesto.
Volvemos ás aulas co afán de recuperar o costume do estudo.
Emular, por que non, a capacidade de concentración da rapazada, congregada arredor dos libros, que tan ben captou Elvira Santiso nesta imaxe.
Sobre a necesaria recuperación da pintora betanceira, escribe a nosa [ex] alumna Sara Fraga Pérez o artigo «Elvira Santiso: una pintora de Betanzos» publicado no último número do Anuario Brigantino.