Eventos
O feitizo de Vermeer...
Subida ás costas da frouxidade do sol do inverno, a luz atravesa o cristal das ventás da estancia para iluminar unha carta.
Unha carta de amor?
Podería ser...
O mundo está cheo de persoas que escriben cartas de amor... E ben sabido é que «Todas as cartas de amor são ridículas», «Mas, afinal,/ só as criaturas que⁄ nunca escreveram⁄ cartas de amor⁄ é que são⁄ ridículas».
Suxestións de lectura: A leiteira de Vermeer de Manuel Rivas, poemas de Wislawa Szymborska e Fernando Pessoa e unha canción de Vainica Doble.
O alumnado de 4º de ESO visita a Domus para facer prácticas de laboratorio.
O alumnado de E3B, E3C e E3D recibe hoxe un obradoiro sobre drogas sintéticas, a cargo do psicólogo do Concello, Juan Carlos Prados.
O 8 de febreiro Laura Suárez Calvelo, da FUAc, visitará o centro para dar a coñecer ao alumnado que remata este curso as oportunidades de emprego que oferece a FUAC a través das dúas bolsas.
O alumnado de E4A, E4B e E4C recibe hoxe un obradoiro sobre cocaína, a cargo do psicólogo do Concello, Juan Carlos Prados.
O 10 de febreiro o alumnado de B1D e B1E acode á representación teatral da obra “A parábola do angazo”, por conta da compañía Talía Teatro para o alumnado dos centros de ensino de secundaria do Concello.
Preámbulo de entroido...
Entroido, antroido, entroito... son nomes que proceden do termo latino Introitus: entrada. O termo carnaval procede de expresión Carne vale (adeus á carne).
Celebramos el Día de la Radio este lunes en un instituto de Betanzos, el Francisco Aguiar, explicando a un grupo de alumnos de segundo de bachillerato cómo trabajamos en Radio Voz, además de grabar con ellos un pequeño programa que habían preparado. Bibliotecas escolares de colegios e institutos de toda Galicia cuentan con estos pequeños estudios en los que tal vez se están criando las futuras voces de la radio. O simplemente están descubriendo que un micrófono permite conectarte con el mundo, aprender a expresarte, e incluso puede convertir un tema sesudo de la asignatura de Psicología en un proyecto mucho más divertido porque tú mismo escribes un guion, organizas una estructura y defiendes tu trabajo con los auriculares puestos.
Os días festivos do Entroido son o 20, 21 e o 22 de febreiro.
A viaxe de Rosalía de Larraitz Urruzola.
Os días festivos do Entroido son o 20, 21 e o 22 de febreiro.
O noso centro foi seleccionado para participar na nova edición ESTUDES (Encuesta sobre el Uso de Drogas en Enseñanzas Secundarias en España), convocatoria 2022-2023, nas súas líneas de Bacharelato (1º e 2º).
Os grupos participantes son B1D e B2E. A enquisa será realizada o día 23/02 ás 8:45 por persoal da empresa Análisis e Investigación S.L.
O alumnado de 3º de ESO asiste á exposición "Pingas de Humor Crítico", a cargo do debuxante Andrade, no Edificio Liceo.
O xoves 23 de febreiro, entre as 16:00 e as 19:45, desenvólvense as sesións de avaliación de 2º de BAC (2º trimestre).
O 23 de febreiro, data do seu nacemento, lembramos a escritora galega e universal Rosalía de Castro.
Esta semana, os editores británicos de Roald Dalh anunciaban que cedían ás presións dos autoproclamados ben pensantes. Por iso, proximamente haberá dúas edicións dos libros deste magnífico autor satírico: a orixinal e outra na que desaparecerán as referencias ao xénero, apariencia ou peso dos personaxes. En fin...
Aínda que estas polémicas non deixan de ser un disparate cíclico, o fenómeno de necedade maiúscula é un moi precupante síntoma destes tempos nos que, os que deberían defender as súas teses nun debate intelectual sereno e produtivo, elixen constituírse en grupos de presión para exercer o seu poder mediante a imposición da censura.
Entre a censura e a liberdade, eleximos ler os poemas de Lucía Durán Paredes ou os irreverentes relatos de Roald Dalh e James Finn Garner.
O alumnado de clásicas acude a dúas obras de teatro grecolatino no teatro grecolatino, no marco do Festival de Teatro A Coruña-Lugo-Ourense-Tui 2023 da SEECGalicia.
O alumnado de 2º de ESO que particpa no Programa Prensa Escola visita as instalacións da EDAR da Coruña.
Do 6 ao 10 de marzo de 2023 celébrase a Semana da Prensa.
A Consellaría di que "un día desta semana traballarase na aula con xornais", se ben é unha rutina en boa medida incorporada xa ás aulas desde hai anos, en materias como Lingua Castelá, da man - entre outros docentes- da profesora Elvira Castro.
Do 6 ao 10 de marzo de 2023 celébrase a Semana da Prensa.
A Consellaría di que "un día desta semana traballarase na aula con xornais", se ben é unha rutina en boa medida incorporada xa ás aulas desde hai anos, en materias como Lingua Castelá, da man - entre outros docentes- da profesora Elvira Castro.
Na tarde do 6 de marzo, entre as 16:00 e as 21:00, celébranse as xuntas de avaliación dos grupos de 2º de ESO e de 3ºA, 3º D e 3º E.