Eventos
O vindeiro martes 27/09, entre as 16:20 e as 18.00, o alumnado de 3º de ESo acudirá ao Salón de Actos para a proxección de "Daughters of the Sea /Fillas do Mar", cun coloquio posterior.
A asociación ARELA e a Fundación Barrié traen ao noso instituto dous obradoiros do Programa Ktorce18, de 100 minutos de duración cada un e dirixidos grupos de 2º e 3º de ESO. Trátase dun obradoiro de prevención de condutas infractoras e outro de prevención do acoso escolar.
O día 29 de setembro, os grupos de E4B e E4C acudirán a un obradoiro formativo dunha hora sobre o acceso á tecnoloxía, pensado para dinamizar as TIC no medio rural.
A actividade desenvolverase na Sala Xulio Cuns.
No marco do "ano Faraldo", a Normalización Lingüística organiza un obradoiro de divulgación sobre Antolín Faraldo, dirixido aos primeiros de Bacharelato e que se estende ao longo do 5 e 6 de outubro.

O día 7 de outubro, o alumnado bilingüe de E3B e E3C vai ao Museo das Mariñas, en Betanzos, nas últimas dúas horas.
O alumnado de Historia da Música e da Danza, de 2º de Bacharelato, realizará unha visita guiada á zona vella de Betanzos, acompañada da súa profesora.