Tras a avaliación final ordinaria da ESO (extraordinaria de Bac) e a entrega de notas, unha vez coñecidos os resultados académicos obtidos no curso 2023/2024, comezará o período de Matrícula para todo o alumnado, promocione ou non.
Unha vez realizada a matrícula, só en circunstancias excepcionais e por causas totalmente xustificadas, poderá ser solicitada algunha modificación nas materias escollidas. Estas solicitudes serán estudadas e resoltas pola Dirección do centro.
A impartición das materias elixidas está condicionada a que haxa un mínimo de alumnado (5 para materias troncais e 10 para optativas) e ás posibilidades organizativas do Centro.
Para a adxudicación de optativas terase en conta, ademais da continuidade de estudos ou posibles incompatibilidades por materias cursadas anteriormente, a nota media do curso anterior e comezando polas matrículas entregadas en tempo e forma..
Para a sección bilingüe, serán as cualificacións obtidas en inglés e nas materias propias da sección.
O alumnado e as familias poderán consultar calquera dúbida, sobre a elección de materias optativas e itinerarios, ao Departamento de Orientación, á Xefatura de Estudos ou á Dirección do centro.
|