Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Week of Abril 25, 2022 »
LunMarMérXovVenSábDom
25
Start: 25/04/2022 11:25
End: 25/04/2022 12:15

 

O 25 de abril o alumnado de E3C e E3D terá a oportunidade de conversar co escritor de Pontedeume Antonio Manuel Fraga.

 

Antonio Manuel Fraga - Ficha de autor en Tebeosfera

26
Start: 26/04/2022 19:28

 

 

 

Chegou aos nosos oídos esta preciosa proposta, o Calendario Floral (Concerto Exposición), que terá lugar o próximo sábado 30 de abril do 2022 ás 20 horas no Cine Alfonsetti.

A música de James Oswald, interpretada polo trío formado por Charles Marigó (clavicémbalo), Ioan Haffner (violín) e Eva Otero (violonchelo) será bastante máis que un fondo musical para a contemplación das fermosas ilustracións de Sarela Lorenzo.

Unha ledicia superlativa ver medrar e voar tan alto as nosas [ex] alumnas Sarela e Eva!

 

27
Start: 27/04/2022 08:25
End: 27/04/2022 11:00

Os grupos de E2B e E2C visitarán o Conservatorio Profesional da Coruña.

Start: 27/04/2022 20:18

 


   A Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez do IES Francisco Aguiar de Betanzos convoca a súa comunidade escolar a un safari fotopoético con motivo do día das Letras Galegas, que este ano homenaxea a  Florencio Delgado Gurriarán.

 

   Rexerase polas seguintes bases:
  • Pode participar todo o alumnado do IES Francisco Aguiar. Ábrese igualmente a toda a comunidade escolar que desexe participar, nais-pais, persoal docente e non docente, ex-alumnos e ex-alumnas.
  • Safari Fotopoético desenvolverase entre o 25 de abril eo 13 de maio do presente ano 2022.
  • As fotografías deberán ser orixinais e, preferentemente, relacionadas con Betanzos, o seu casco histórico e os seus ríos.
  • As imaxes deben ilustrar algún texto dos que acompañan a estas bases nesta  pequena escolma de versos de Florencio Delgado Gurriarán. Pode utilizarse unha estrofa completa ou elixir algún(s) versos da mesma.
  • O texto debe aparecer integrado na propia imaxe.
  • As imaxes a concurso poderán entregarse nun formato dos usados habitualmente en imaxe dixital (jpeg, tiff...), preferiblemente en soporte pendrive (ou CD) na biblioteca do IES Francisco Aguiar, ou ben enviarse ao correo electrónico da Biblioteca: bibliofranciscoaguiar@gmail.com
  • O premio consistirá nunha camiseta coa impresión da imaxe gañadora.
  • O xurado estará integrado por un representante do equipo directivo, dous profesores/as (un membro do equipo da Biblioteca, e outro membro dos Departamentos de Lingua Galega ou Ed. Plástica) e un alumno/a (designado pola Xunta de Delegados).
  • Os premios entregaranse avaliando os traballos presentados conforme aos seguintes criterios:
    • 40% pola calidade e orixinalidade da imaxe,
    • 40% pola adaptación do texto á imaxe elexida, e
    • 20% polo enxeño e creatividade na inserción do texto.
28
Start: 28/04/2022 09:30
End: 28/04/2022 10:35

 

O alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato acudirán ao Cantón Claudino Pita para interpretar pezas músicas.

É unha iniciativa enmarcada na iniciativa "Musiqueando" da COAEM, consistente en concertos escolares nas rúas e prazas.

Picture

Start: 28/04/2022 09:42

Este xoves finaliza o proxecto de colaboración coa fundación Abanca, no marco do proxecto interxeneracional "Fálame da emigración".

Hoxe será o turno de E4A e 4B.

Start: 28/04/2022 10:35
End: 28/04/2022 12:15

O día 28 de abril retomamos os encontros con mulleres de Betanzos, voluntarias no programa da Fundación abanca, que veñen falarnos da súa experiencia vital e en especial da emigración.

29
Start: 29/04/2022 07:35

Este venres día 29 de abril, o alumnado de 1º de ESO ten unha charla de mediación. A 2ª hora, os grupos de E1A e E1B e a 4ª hora o alumnado de E1C e E1D.

 

all day

O día 29 de abril rematamos cos encontros con mulleres de Betanzos, voluntarias no programa da Fundación abanca, que viñeron falarnos da súa experiencia vital e en especial da emigración.

Start: 29/04/2022 10:35
End: 29/04/2022 12:15

Este venres finaliza o proxecto de colaboración coa fundación Abanca, no marco do proxecto interxeneracional "Fálame da emigración".

Hoxe será o turno de E4C e 4D.

Start: 29/04/2022 10:35
End: 29/04/2022 12:15

O venres 29 o alumnado das materias de Economía e Obradoiro de Iniciativas Empresariais visitarán as instalacións de Gadisa, no polígono de Piadela.

30
1
Start: 01/05/2022 18:10

 

 

 

29ª Semana

[5ª sesión]

A realidade. 

Non hai outra materia da que se alimente a arte. Todas as historias das que fala a literatura están basadas en feitos reais. Agora ben, tanto os camiños da memoria como os da ficción (tamén a autoficción) están cheos de espellos.

Diso son mostra as suxestións de lectura desta semana: un relato de Sandra Cisneros e un fragmento de Madres e hijos, unha narración de Theodor Kallifatides.

Distribuir contido