Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
7
Start: 07/03/2022 14:00
End: 07/03/2022 19:10
O luns 7 de marzo terán lugar as sesións de avaliación do segundo trimestre para 4º de ESO e tres grupos de 3º de ESO, a partir das 16:00 e até as 21:10.
| 8
Start: 08/03/2022 16:05
End: 08/03/2022 18:15
O martes 8 de marzo terá lugar a sesión de avalkiación do 2º trimestre dun dos grupos de 3º de ESO e de dous grupos de 1º de ESO, a partir das 18:05 e até as 20:15.
| 9
Start: 09/03/2022 13:12
FICCIÓN (OU NON-FICCIÓN) COA CIENCIA: A MAXIA DO NÚMERO π
A Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez, dez días antes do Día Internacional do número Pi, convoca o VI Concurso de Esopías do IES Francisco Aguiar.
BASES
Poderá participar calquera alumno matriculado no IES Francisco Aguiar.
***
Esopía é un relato, comentario ou poema, de aproximadamente 140 caracteres (tweet), onde cada palabra leva un número de letras igual ás sucesivas cifras do número π. A esopía terá un mínimo de cinco palabras. A guía para facer esopías ten, entre espazos en branco e letras, 140 caracteres. Hai en total 24 palabras. As comas, puntos e comas, dous puntos, apóstrofos… poden ocupar un espazo en branco. Aínda quedan dous espazos para signos de interrogación ou exclamación, ao inicio ou ao final.
Deste esta ligazón accederás a unha antoloxía dos mellores traballos de anteriores edicións.
Start: 09/03/2022 14:00
End: 09/03/2022 18:30
O mércores 9 de marzo terá lugar a xunta de avaliación do segundo trimestre de 2º de ESO e de dous dos grupos de 1º de ESO, a partir das 16:00 e até 20:30.
| 10
Start: 10/03/2022 09:15
End: 10/03/2022 17:50
O Xoves 10 de marzo reunirase a xunta de avaliación do 1º ano do Ciclo, ás 11.15, e a xunta de avaliación para 1º de Bacharelato, a partir das 16:00 e até as 19:50.
Start: 10/03/2022 10:00
End: 10/03/2022 12:00
18 alumnas e alumnos de 2º de ESO participan hoxe nun concurso de creación literaria en lingua galega, organizado por Coca-Cola. | 11
Start: 11/03/2022 06:45
End: 11/03/2022 12:15
Start: 11/03/2022 10:00
End: 11/03/2022 12:00
11 alumnas e alumnos de 2º de ESO participan hoxe nun concurso de creación literaria en lingua castelá, organizado por Coca-Cola. | 12
Start: 12/03/2022 21:57
PREMIO DE EXCELENCIA UDC Á MELLOR NOTA DE ADMISIÓN
O 29 de xuño do 2021, ilustraba esta fotografía a nova sobre o recoñecemento a cinco alumnos do noso IES de Mellores Expedientes USC por vir de obter unha cualificación igual ou superior a 9 na parte obrigatoria da ABAU: Noa Codesido Centoira, Lucía Sánchez Cal, Nekane González Fontán, Manuel Sánchez Romano, Andrea Vázquez Naya, e José Varela García. Esta semana, mediante estes diplomas, a Universidade da Coruña, notificou a concesión do Premio de Execelencia da Universidade da Coruña á mellor nota de admisión a Lucía Sánchez Cal [Programa de simultaneidade do grado en español —Estudios lingüísticos e literarios— e Grao en galego e portugués —Estudios lingüísticos e literarios—] e a Andrea Vázquez Naya [Grao en Química].
Parabéns a Lucía e Andrea ás que reiteramos o noso desexo de que poidan manter (e superar) tan gratificantes logros para elas, as súas familias e as institucións educativas nas que deren os seus primeiros pasos cara a excelencia.
| 13
Start: 13/03/2022 13:49
|