Eventos
A charla de Juan Carlos Prados versará sobre a cocaína ao grupo de 4ºD.
O venres 18 de febreiro o alumnado de Latín e Grego terá a visita da profesora de Filoloxía Clásica da USC, Teresa Amado, que lles falará sobre o estudo de grao de Filoloxía Clásica.
A viaxe de Rosalía de Larraitz Urruzola.
Os grupos de 1º C, D e E acudirán ao espectáculo teatral "Bicos con lingua", na sala Xulio Cuns, no marco da semana dedicada no noso centro a conmemorar a grande escritora galega e universal Rosalía Castro.
Os grupos de 2º de ESO B e C asistirán a última hora da mañá a un espectáculo musical ao redor dos poemas de Rosalía Castro.
Hoxe o Clube de Ciencia continúa a "traballar con polímeros".
O xoves 24 de febreiro os alumnos de Literatura Universal recibirán a visita de Raquel Vázquez, autora do libro de relatos Paralelo 36, Talentura, Madrid, 2019, 154 páginas.
No marco da Semana de Rosalía, o Departamento de Dinamización Lingüística organiza para 3º B e 3º D un obradoiro sobre a obra poética de Rosalía Castro "Rap con Rosalía", unha actividade ofrecida desde o Concello de Betanzos e por conta de "Vella Escola".
Os grupos A e D de 2º de ESO , asistirán á última hora da mañá ao salón de actos para realizar unha homenaxe poético- musical a Rosalía de Castro. A actividade, protagonizada polo alumnado , consistirá na interpretación de varias cancións que acompañarán o recitado dos seus poemas .
Os días 28 de febreiro, 1 e 2 de marzo estaremos de vacacións polo Entroido.
Desfrutade estes días!
Os días 28 de febreiro, 1 e 2 de marzo estaremos de vacacións polo Entroido.
Desfrutade estes días!
Os días 28 de febreiro, 1 e 2 de marzo estaremos de vacacións polo Entroido.
Desfrutade estes días!
Días tristes nos que costa crer na bondade do xénero humano...
O pintor ruso Nikolai Petrovich Bogdanov Belsky (1868–1945) pintou en 1905 unha escena na que un grupo de xente escoita a lectura das noticias dun xornal: lendo o xornal, novas sobre a guerra é o nome polo que se recoñece ese óleo no que destaca a gravidade dos rostros de todas as figuras.
O poeta Ilya Kaminsky naceu en 1977 na cidade ucraniana de Odessa cando aínda formaba parte da Unión Soviética. En 1993 (dous anos despois da independencia da República de Ucrania), EEUU concedeulle asilo político á súa familia.
O poema «Vivimos felices durante la guerra», está incluido en República sorda (Valparaíso, Granada, 2021), libro que foi considerado polo New York Times un dos mellores libros do ano.
VIVIMOS FELICES DURANTE LA GUERRA
Y cuando bombardearon las casas de otras personas, nosotros
protestamos
pero no lo suficiente, nos opusimos pero no
lo suficiente. Yo estaba
en mi cama, alrededor de mi cama América
estaba cayendo: casa invisible por casa invisible por casa invisible—
Saqué una silla afuera y observé el sol.
Era el sexto mes
de un reinado desastroso en la casa del dinero
en la calle del dinero en la ciudad del dinero en el país del dinero,
en nuestro gran país del dinero, nosotros (perdónennos)
vivimos felices durante la guerra.
Os días 28 de febreiro, 1 e 2 de marzo estaremos de vacacións polo Entroido.
Desfrutade estes días!
O luns 3 de marzo reúnse a xunta de avaliación de 2º de Bacharelato, a partir das 16:00 até as 19:20.
22ª Semana
O luns 7 de marzo terán lugar as sesións de avaliación do segundo trimestre para 4º de ESO e tres grupos de 3º de ESO, a partir das 16:00 e até as 21:10.
O martes 8 de marzo terá lugar a sesión de avalkiación do 2º trimestre dun dos grupos de 3º de ESO e de dous grupos de 1º de ESO, a partir das 18:05 e até as 20:15.
- Os participantes presentarán unha esopía inédita, en castelán ou galego, segundo a guía que se acompaña nesta convocatoria, e tendo en conta a definición desta: Esopía é un relato, comentario ou poema, de aproximadamente 140 carácteres (tweet), onde cada palabra leva un número de letras igual ás sucesivas cifras do número π. A esopía terá un mínimo de cinco palabras.
- A esopía deberá ir acompañada dunha ilustración orixinal.
- Establécense tres categorías nas que o xurado designará un gañador porcategoría: Alumnos de primeiro e segundo da ESO / Alumnos de terceiro e cuarto da ESO, bacharelato e Ciclo Formativo.
- Os participantes, que poden presentar ata un máximo de 3 esopías, obtarán a un único premio, que consisitrá nun vale para mercar material informático, audiovisual, didáctico ou educativo.
- Os premios poderán ser declarados desertos.
- O prazo de entrega remata o 31 (4159....) de marzo de 2022.
- As esopías, que deberán ser entregadas na Biblioteca, empregarán completamente cuberto o seguinte modelo descargable nesta ligazón.
- O xurado, designado polo Equipo da Biblioteca, estará integrado por distintos membros da comunidade educativa.
- A participación nesta convocatoria implica a aceptación das normas contidas nas presentes bases, así como a decisión do xurado, que será inapelable.
O mércores 9 de marzo terá lugar a xunta de avaliación do segundo trimestre de 2º de ESO e de dous dos grupos de 1º de ESO, a partir das 16:00 e até 20:30.
O Xoves 10 de marzo reunirase a xunta de avaliación do 1º ano do Ciclo, ás 11.15, e a xunta de avaliación para 1º de Bacharelato, a partir das 16:00 e até as 19:50.
18 alumnas e alumnos de 2º de ESO participan hoxe nun concurso de creación literaria en lingua galega, organizado por Coca-Cola.
11 alumnas e alumnos de 2º de ESO participan hoxe nun concurso de creación literaria en lingua castelá, organizado por Coca-Cola.
O 29 de xuño do 2021, ilustraba esta fotografía a nova sobre o recoñecemento a cinco alumnos do noso IES de Mellores Expedientes USC por vir de obter unha cualificación igual ou superior a 9 na parte obrigatoria da ABAU: Noa Codesido Centoira, Lucía Sánchez Cal, Nekane González Fontán, Manuel Sánchez Romano, Andrea Vázquez Naya, e José Varela García.
Retomando os proxectos de colaboración co espazo +60 de Afundación en Betanzos, recibiremos a visita de persoas maiores, que terán un encontro co alumnado de 4º D. O obxectivo é contarlles as súas experiencias nunha escola que sen dúbida era moi diferente da época dos ordenadores e os móviles, aínda que igual de enriquecedora e formativa.
Para observar críticamente e pensar acerca da sociedade que foi e a que nos toca vivir.
O luns 14 de marzo, de 16h a 18h, o Clube de Ciencia reúnese na aula de informática, onde en colaboración co proxecto Meteoescolas o alumnado imprimirá unhas folerpas de neve na impresora 3D.
Os días 15 e 16 de marzo, os grupos de 3º de ESO visitarán na Coruña a exposición "Untold Stories", do fotógrafo Peter Lindbergh.
Os días 15 e 16 de marzo, os grupos de 3º de ESO visitarán na Coruña a exposición "Untold Stories", do fotógrafo Peter Lindbergh.
Retomando proxectos de colaboración co espazo +60 de Afundación en Betanzos, os maiores terán un encontro co alumnado de 4º C para contarlles as súas experiencias nunha escola que sen dúbida era moi diferente da época dos ordenadores e os móviles, aínda que igual de enriquecedora e formativa.
Para observar críticamente e pensar acerca da sociedade que foi e a que nos toca vivir.
A exposicion do XVI PREMIO XURXO LOBATO no IES Francisco Aguiar de Betanzos levou unha sorpresa ao noso alumno de 4º ESO, Hugo Carro Cortés que, tendo participado, non era consciente de que a súa fotografía fora seleccionada como Finalista.
Xurxo Lobato, moi xeneroso sempre, loubou a composición de Hugo que foi quen de capturar unha luz potente que, en palabras de Xurxo Lobato, converte a roupa tendida «nunha instalación semellante as que penden do teito dos museos de arte moderna».
Os grupos de 1º de ESO A e B visitarán o Centro Arqueolóxico do Dolmen de Dombate (Cabana de Bergantiños) para coñecer o emblemático mégalito e coñecer mellor o xeito de vida das poboacións prehistóricas na actual Costa de Morte.
Retomando os proxectos de colaboración co espazo +60 de Afundación en Betanzos, os maiores terán un encontro co alumnado de 4º A e B para contarlles as súas experiencias nunha escola que sen dúbida era moi diferente da época dos ordenadores e os móviles, aínda que igual de enriquecedora e formativa.
Para observar críticamente e pensar acerca da sociedade que foi e a que nos toca vivir.