CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS (unha mágoa que non ao olfacto!): Ángel Arcay na cociña da historia
Cuando el autor del libro Las 1001 recetas del Palacete de las Mendoza, el investigador Ángel Arcay Barral, contactó con Ricardo Fernández Guerra, profesor en el CIFP Carlos Oroza de Pontevedra, para que escribiera uno de los prólogos analizando las particularidades de la cocina del palacete poco se podía imaginar que, meses después, esta obra serviría de inspiración para el centro de formación. «O que pasa é que me chamou tanto a atención como estaba escrito e como recollían estas mulleres as receitas, que era unha cousa moi curiosa... Son receitas sen cantidades, algunha case sen procesos, con anotacións en tres ou catro linguas nalgunhas delas. Mesturan o castelán, o inglés, o alemán e, ás veces, o italiano», refiere al respecto.
Insiste en que esta forma de exponer las recetas le llamó especialmente la atención desde el punto de vista de la formación, por lo que decidió coger «estas receitas tan antigas e metelas na aula». De este modo, le planteó a los alumnos cómo ejecutar los platos de las hermanas Mendoza a través de lo que ellas mismas consignaron por escrito hace más de cien años.
El objetivo es que les dieran un toque más profesional acompañada por «unha presentación máis acorde aos tempos de agora». En todo caso, Ricardo Fernández deja claro que, pese al tiempo transcurrido, la cocina de Concha y María Mendoza Babiano son «absolutamente modernas. Hai receitas cun toque de modernidade sen ningún tipo de dúbidas, como os ovos en salsa verde, que podería presentarse en calquera restaurante de alta gama, ou o Vol au vent de polo que leva trufa, que é un ingrediente moderno, os pratos con trufa está á orde o día», remarca.
Subrayó que, con esta iniciativa, se quiso poner de relieve la importancia de la cocina de antaño y de los métodos que se empleaban por aquel entonces. En este punto, remarcó que fueron dos las cuestiones que más le llamaron la atención a sus alumnos. Por un lado, «que nunha mesa receita meteran un termo en alemán e en inglés. Chocoulles moitísimo» y, por otro, «os métodos de cociñado. Hai receitas que terminan dicindo ‘‘horno’’ e nada máis. E, claro, os rapaces están estudando e están acostumados a forno a 180 durante quince minutos, logos subímoslle ata 200 e, ao final, o poñemos en vapor. Elas como sabían como se facía, pois describen o prato, ‘‘horno’’ e punto pelota».
De este modo, el curso permitió a los alumnos investigar cuanto tiempo de horno y qué temperatura requeriría cada plato en cuestión. Todo este esfuerzo se plasmó este lunes con la elaboración de un menú especial compuesto de tres aperitivos, un entrante, un plato de pescado, otro de carne y dos postres, y todo ello acompañado por agua o vino blanco. Con el objetivo de rememorar la época final del XIX y principios del XX, los alumnos del CIFP Carlos Oroza hicieron «un servizo á antiga como os que se facían nos hoteis e restaurantes do 1.900 cando había un montón de plantilla na sala e na cociña», de tal modo que los asistentes se vieron trasladados a una época en la que los platos de pescados se cubrían con campanas metálicas y era el cocinero quien los servía con la ayuda de un camarero.
Si en su libro Ángel Arcay recopila 1001 recetas, este lunes se sirvieron ocho. Es por ello que quedan muchas entre las que se puede seleccionar, una circunstancia que contribuye a que Ricardo Fernández tenga intención de repetir la experiencia. «Esta iniciativa non estaba prevista para agora, senón para o curso que ven. Falloume unha das actividades que tiña e decidín metela. Como se soe dicir, ven para quedarse. Nós temos que ensinar cociña, temos que formar aos alumnos para que sexan competentes medianamente cando se incorporen ás prácticas nun restaurante ou nun hotel e que mellor maneira que ensinarlles a través destas iniciativas. ¿Vai haber más menús destes? Para o curso que ven, seguro, e non vai ser só un día. É un camiño para que os alumnos non perdan de vista a historia culinaria e que entendan que a cociña antiga hai que mantela».
O venres 18 de febreiro o alumnado de Latín e Grego terá a visita da profesora de Filoloxía Clásica da USC, Teresa Amado, que lles falará sobre o estudo de grao de Filoloxía Clásica.
Os grupos de 1º C, D e E acudirán ao espectáculo teatral "Bicos con lingua", na sala Xulio Cuns, no marco da semana dedicada no noso centro a conmemorar a grande escritora galega e universal Rosalía Castro.
O xoves 24 de febreiro os alumnos de Literatura Universal recibirán a visita de Raquel Vázquez, autora do libro de relatos Paralelo 36, Talentura, Madrid, 2019, 154 páginas.
No marco da Semana de Rosalía, o Departamento de Dinamización Lingüística organiza para 3º B e 3º D un obradoiro sobre a obra poética de Rosalía Castro "Rap con Rosalía", unha actividade ofrecida desde o Concello de Betanzos e por conta de "Vella Escola".
Os grupos A e D de 2º de ESO , asistirán á última hora da mañá ao salón de actos para realizar unha homenaxe poético- musical a Rosalía de Castro. A actividade, protagonizada polo alumnado , consistirá na interpretación de varias cancións que acompañarán o recitado dos seus poemas .
Días tristes nos que costa crer na bondade do xénero humano...
O pintor ruso Nikolai Petrovich Bogdanov Belsky (1868–1945) pintou en 1905 unha escena na que un grupo de xente escoita a lectura das noticias dun xornal: lendo o xornal, novas sobre a guerra é o nome polo que se recoñece ese óleo no que destaca a gravidade dos rostros de todas as figuras.
O poeta Ilya Kaminsky naceu en 1977 na cidade ucraniana de Odessa cando aínda formaba parte da Unión Soviética. En 1993 (dous anos despois da independencia da República de Ucrania), EEUU concedeulle asilo político á súa familia.
O poema «Vivimos felices durante la guerra», está incluido en República sorda (Valparaíso, Granada, 2021), libro que foi considerado polo New York Times un dos mellores libros do ano.
VIVIMOS FELICES DURANTE LA GUERRA
Y cuando bombardearon las casas de otras personas, nosotros
protestamos
pero no lo suficiente, nos opusimos pero no
lo suficiente. Yo estaba
en mi cama, alrededor de mi cama América
estaba cayendo: casa invisible por casa invisible por casa invisible—
Saqué una silla afuera y observé el sol.
Era el sexto mes
de un reinado desastroso en la casa del dinero
en la calle del dinero en la ciudad del dinero en el país del dinero,
en nuestro gran país del dinero, nosotros (perdónennos)
Svetlana Aleksiévich, de pai bielorruso e nai ucraína, naceu na Ucraína socialista, aínda que viviu toda a súa vida en Bielorrusia, ata que súa oposición a Alexander Lukashenko motivara o seu exilio en Alemaña.
A Asociación mundial de escritores, o Pen Club, ven de publicar unha carta firmada por numerosos autores (entre os que están premios Nobel como Orhan Pamuk e Svetlana Alexievich e escritores como Margaret Atwood, Paul Auster ou Salman Rushdie) na que rexeitan a invasión rusa.
Alexievich é una recoñecida cronista das grandes traxedias del siglo XX.
Di da súa obra: «Levo toda a vida escribindo un único libro: a crónica ruso-soviética da revolución, o gulag (os campos de concentración en tempos de Stalin), a guerra, Afganistán, a catástrofe de Chernóbil...».
Nesta semana na que se conmemora o Día Internacional da Muller, engadimos a unha selección da obra de Svetlana Aleksiévich, as propostas de Inma Lópes Silva e as nosas [ex] alumnas Irede Docampo, Julia Nieto Mantiñán, Ana Vázquez, Berta Manteiga e Andrea Solís.
O luns 7 de marzo terán lugar as sesións de avaliación do segundo trimestre para 4º de ESO e tres grupos de 3º de ESO, a partir das 16:00 e até as 21:10.
O martes 8 de marzo terá lugar a sesión de avalkiación do 2º trimestre dun dos grupos de 3º de ESO e de dous grupos de 1º de ESO, a partir das 18:05 e até as 20:15.
FICCIÓN (OU NON-FICCIÓN) COA CIENCIA: A MAXIA DO NÚMERO π
A Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez, dez días antes do Día Internacional do número Pi, convoca o VI Concurso de Esopías do IES Francisco Aguiar.
BASES
Poderá participar calquera alumno matriculado no IES Francisco Aguiar.
Os participantes presentarán unha esopía inédita, en castelán ou galego, segundo a guía que se acompaña nesta convocatoria, e tendo en conta a definición desta: Esopía é un relato, comentario ou poema, de aproximadamente 140 carácteres (tweet), onde cada palabra leva un número de letras igual ás sucesivas cifras do número π. A esopía terá un mínimo de cinco palabras.
A esopía deberá ir acompañada dunha ilustración orixinal.
Establécense tres categorías nas que o xurado designará un gañador porcategoría: Alumnos de primeiro e segundo da ESO / Alumnos de terceiro e cuarto da ESO, bacharelato e Ciclo Formativo.
Os participantes, que poden presentar ata un máximo de 3 esopías, obtarán a un único premio, que consisitrá nun vale para mercar material informático, audiovisual, didáctico ou educativo.
Os premios poderán ser declarados desertos.
O prazo de entrega remata o 31 (4159....) de marzo de 2022.
O xurado, designado polo Equipo da Biblioteca, estará integrado por distintos membros da comunidade educativa.
A participación nesta convocatoria implica a aceptación das normas contidas nas presentes bases, así como a decisión do xurado, que será inapelable.
***
Esopía é un relato, comentario ou poema, de aproximadamente 140 caracteres (tweet), onde cada palabra leva un número de letras igual ás sucesivas cifras do número π. A esopía terá un mínimo de cinco palabras. A guía para facer esopías ten, entre espazos en branco e letras, 140 caracteres. Hai en total 24 palabras. As comas, puntos e comas, dous puntos, apóstrofos… poden ocupar un espazo en branco. Aínda quedan dous espazos para signos de interrogación ou exclamación, ao inicio ou ao final.
Deste esta ligazón accederás a unha antoloxía dos mellores traballos de anteriores edicións.
O mércores 9 de marzo terá lugar a xunta de avaliación do segundo trimestre de 2º de ESO e de dous dos grupos de 1º de ESO, a partir das 16:00 e até 20:30.
O Xoves 10 de marzo reunirase a xunta de avaliación do 1º ano do Ciclo, ás 11.15, e a xunta de avaliación para 1º de Bacharelato, a partir das 16:00 e até as 19:50.
PREMIO DE EXCELENCIA UDC Á MELLOR NOTA DE ADMISIÓN
O 29 de xuño do 2021, ilustraba esta fotografía a nova sobre o recoñecemento a cinco alumnos do noso IES de Mellores Expedientes USC por vir de obter unha cualificación igual ou superior a 9 na parte obrigatoria da ABAU: Noa Codesido Centoira, Lucía Sánchez Cal, Nekane González Fontán, Manuel Sánchez Romano, Andrea Vázquez Naya, e José Varela García.
Esta semana, mediante estes diplomas, a Universidade da Coruña, notificou a concesión do Premio de Execelencia da Universidade da Coruña á mellor nota de admisión a Lucía Sánchez Cal [Programa de simultaneidade do grado en español —Estudios lingüísticos e literarios— e Grao en galego e portugués —Estudios lingüísticos e literarios—] e a Andrea Vázquez Naya [Grao en Química].
Parabéns a Lucía e Andrea ás que reiteramos o noso desexo de que poidan manter (e superar) tan gratificantes logros para elas, as súas familias e as institucións educativas nas que deren os seus primeiros pasos cara a excelencia.
Retomando os proxectos de colaboración co espazo +60 de Afundación en Betanzos, recibiremos a visita de persoas maiores, que terán un encontro co alumnado de 4º D. O obxectivo é contarlles as súas experiencias nunha escola que sen dúbida era moi diferente da época dos ordenadores e os móviles, aínda que igual de enriquecedora e formativa.
Para observar críticamente e pensar acerca da sociedade que foi e a que nos toca vivir.
O luns 14 de marzo, de 16h a 18h, o Clube de Ciencia reúnese na aula de informática, onde en colaboración co proxecto Meteoescolas o alumnado imprimirá unhas folerpas de neve na impresora 3D.
Retomando proxectos de colaboración co espazo +60 de Afundación en Betanzos, os maiores terán un encontro co alumnado de 4º C para contarlles as súas experiencias nunha escola que sen dúbida era moi diferente da época dos ordenadores e os móviles, aínda que igual de enriquecedora e formativa.
Para observar críticamente e pensar acerca da sociedade que foi e a que nos toca vivir.
A exposicion do XVI PREMIO XURXO LOBATO no IES Francisco Aguiar de Betanzos levou unha sorpresa ao noso alumno de 4º ESO, Hugo Carro Cortés que, tendo participado, non era consciente de que a súa fotografía fora seleccionada como Finalista.
Xurxo Lobato, moi xeneroso sempre, loubou a composición de Hugo que foi quen de capturar unha luz potente que, en palabras de Xurxo Lobato, converte a roupa tendida «nunha instalación semellante as que penden do teito dos museos de arte moderna».