Eventos
ACCESO AO TRANSPORTE PARA OS ALUMNOS SEN DEREITO AO TRANSPORTE ESCOLAR
Tras a integración, a principios deste ano 2021, das rutas de transporte escolar nas rutas comúns xestionadas por Mobilidade, para poder viaxar, como viñan facendo, será preciso que os alumnos sen dereito a transporte escolar, dispoñan da tarxeta Xente Nova, coa que poden viaxar gratuitamente os menores de 21 anos.
Convén ter presente que esta tarxeta terá que ser solicitada en ABANCA, para o que é preciso solicitar cita previa.
Para unha información precisa visiten, clicando mesmo a ligazón, a web da Xunta de Galicia: Transporte Público de Galicia.
Hoxe dá inicio a actividade académica, coas presentacións dos diferentes niveles.
Incluída no Proxecto lector do Centro, HORA DE LER é unha das actividades pensadas para promocionar o hábito de lectura entre o noso alumnado.
Esta actividade consiste en dedicar os quince primeiros minutos das clases do alumnado de ESO, segundo o calendario que será divulgado semanalmente na web do centro, á lectura na aula (silenciosa e individual, colectiva e en voz alta, a gusto de cadaquén).
Transmitir o pracer por ler é parte da nosa responsabilidade. Cando lemos con entusiasmo os textos que nos gustan, provocamos interese e transmitimos emoción pola lectura.
Na Hora de ler ten cabida calquera tipo de texto (non só os textos literarios) que os docentes considere motivador, interesante, fermoso...
A partir da semana vindeira comezaremos a publicar na páxina web do centro (e en Alto Risco , o blog da Biblio) o calendario e as suxestións semanais de lectura. Lecturas, por suposto, abertas a toda a comunidade educativa.
O equipo da biblioteca.
1ª SEMANA
No Día Europeo das Linguas (28 de setembro), o filólogo Manuel Núñez Singala visitará as aulas de 1º de Bacharelato D e E para dar unha conferencia sobre as oportunidades que ofrece a nosa lingua.
O próximo martes 5 de outubro deste 2021 inaugúrase na Sala de Exposicións Jesús Núñez Betanzos histórico: O comercio tradicional: un conxunto das mellores fotografías realizadas por alumnas e alumnos de 3º de ESO do IES Francisco Aguiar.
Os visitantes poderán contemplar ata o 29 de outubro o resultado do traballo impulsado por Xosé Manuel Rey Bao dentro do marco do Plan Proxecta Fotografía en curso.
Como anticípo e estímulo para a visita, convidamos a ver esta moi estimulante curtametraxe realizada por Julián Ferrer.