Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Venres Febreiro 12, 2021
Start: 12/02/2021 10:35
End: 12/02/2021 11:35

 

Segunda sesión da actividade organizada pola Asociación Galega da Empresa Familiar (AGEF) e a Fundación Abanca e coordinada polo Departamento de Economía, para o alumnado de 4º de ESO, das materias de Economía e Iniciación á actividade emprendedora e empresarial.

Nesta sesión realizarase unha visita virtual ás instalacións de GADISA.

Mércores Febreiro 17, 2021
Start: 17/02/2021 11:33

 

18ª Semana 

[6ª Sesión]

 

Cada un co seu libro... ou ben en tándem... 

Quedan a dispor dos lectores un relato de  Alberto Moraviaunha antoloxía de poesía amorosa e os poemas de Daniel Amarelo e Laura Casal.

Domingo Febreiro 21, 2021
Start: 21/02/2021 11:11

 

 
19ª SEMANA 
 
[1º SESIÓN]
 
Nesta semana na que se conmemora o día de Rosalía, a superheroína que debuxou Xiana Iglesias, propón unha unha escolma dos seus poemas e o relato de Xosé Neira Cruz, A verdadeira historia dun dente de Rosalía de Castro.

 

Mércores Febreiro 24, 2021
Start: 24/02/2021 19:52

 

O próximo vernes 26, os alumnos de 1º de BAC que cursan Literatura Universal, poderán falar con Raquel Vázquez sobre o seu libro Paralelo 36.
A maioría da obra e Raquel está composta por poemarios. O seu último libro, Aunque los mapas (2020), mereceu o Premio LOEWE de Poesía a la Creación Joven.
Xoves Febreiro 25, 2021
Start: 25/02/2021 10:00

A actividade consiste nunha sesión informativa sobre o funcionamento das bolsas FUAC para alumnado titulado en ciclos formativos.

O obxectivo da actividade é informar o alumnado do funcionamento e características das bolsas da FUAC, da Universidade da Coruña, destinado á incorporación ao mercado laboral do alumnado que obtivo o título de Técnico/a Superior.

A actividade está destinada ao alumnado do 2º curso.

Domingo Febreiro 28, 2021
Start: 28/02/2021 16:54

 

 

 

20ª SEMANA 
 
[2º SESIÓN]
 
Pode ser que nos relatos de Sechu Sende e Etgar Keret non prendan as prantas que asoman na imaxe pintada por Elia Mervi.
Pero o certo é que todos os nosos lectores, ante a promesa da luz e a paréntese da choiva, anhelan a chegada da primavera...
Mércores Marzo 03, 2021
Start: 03/03/2021 08:30

 

RAIMUNDO FERNÁNDEZ VÁZQUEZ, Lanzar jabalina, Autoedición, A Coruña, 2020, 156 páxinas.

 

Chega aos nosos andeis da Biblioteca este libro do ex profesor do IES Francisco Aguiar, Raimundo Fernández Vázquez, ao que non deixamos de ver na prensa e nas redes sociais como adestrador de éxito, a última ocasión coa súa pupila Ivanna Román, tamén ex alumna do Aguiar.

 

Start: 03/03/2021 10:00
End: 03/03/2021 11:30

O día 3 de marzo, o alumnado do Ciclo de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais asistirá a unha conferencia impartida por Ángeles Santos Casal (Directora de de Recursos Humanos Genesal Energy) e Antón Pacín Salvador (Departamento de Recursos Humanos Genesal Energy).

A conferencia está dirixiuda de maneira preferente ao alumnado que vai realizar o módulo "Formación en centros de traballo".

Os obxectivos da charla son fundamentalmente tres:

  • Poñer o alumnado que inicia a súa FCT en contacto coas empresas do sector industrial.
  • Contribuír ao coñecemento da contyorna empresarial , concretamente do Polígono de Bergondo.
  • Axudar ao coñecemento de habilidade valorado polas empresas na contratación de traballadores.
Domingo Marzo 07, 2021
Start: 07/03/2021 16:15

 

 

 

21ª SEMANA 
 
[3º SESIÓN]
 
 
Ler todos os días (tamén nesta semana) a Inma López Silva, ou ben as nosas alumnas Irene Docampo, Julia Nieto Mantiñán, Ana Vázquez, Berta Manteiga, ou Andrea Solís para que non se volvan repetir historias de anulación como a que padeceu Zenobia Camprubí.
Mulleres que escriben sobre mulleres: Rosa Huertas sobre Clara Campoamor, Hélène Merle-Béral sobre a Premio Nobel de Química, Irène Joliot-Curie 
Luns Marzo 08, 2021
Start: 08/03/2021 19:36

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS E TAMÉN AOS ANDEIS DA NOSA BIBLIOTECA

O último libro publicado por Óscar García Ramos do que reproducimos, como xogada de apertura, un soneto, e a introdución na que Xosé Luís Mosquera Camba prevé ao lector sobre o risco inmediato de xaque mate.

 

ÓSCAR GARCÍA RAMOS, Trovei pra ti um soneto, Urutau, Poio, 2020, 58 páxinas.

 

 

 

 

 

 

NUNHA AULA EN SILENCIO

 

A toda/os as profes que non

 

Roubándolle as eclipses aos paxaros

nas glotes numeradas acontece

silencio de cronopios que ofrece

heurísticas leccións de desamparo

 

Levando a autoridade como faro

debullan taxonómicas sandeces

declina ‘orixinal’ quiñentas veces

curiosidade rima con descaro

 

Fanada escuma das metamorfoses

liturxia dos letargos alitera

performance do silencio en esclerose

 

que soños e devezos eviscera

No lombo da silenciosa necrose

o verbo non ganduxa xa quimeras

 

    Sonetos. En aparencia unha sinxela arquitectura a base de hendecasílabos. Hendecasílabos? Agora entendo ben o que significa meterse en camisa de once varas! Agora comprendo que dicir sonetos é o mesmo que dicir física cuántica, estar vivo e morto ao mesmo tempo, simultáneamente subir e baixar a escaleira. Que sibilino Óscar García Ramos! Non é un poeta, non, é máis do que iso: un xadrecista poeta!!! E tardei en compréndelo, ou sexa, tardei máis do debido e non tiven xa escapatoria. Cando quixen remexerme xa me tiña atrapado no seu taboleiro de sonetor en posición de xaque mate. É por isto que o que aquí escribo, caro lector, vén sendo unha advertencia. Atención pois con este autor que se nos achega sen sentilo e nos musita case sen querer, cunha súa expresión de tímido atrevemento, algo tan indecente como “Trovei pra ti un soneto”. Xa non tes nada que facer, xa es o gato metido na caixa. 

   Cos seus cuartetos (ou sirventeses) e tercetos vai tramando pouco a pouco a súa orixinal visión poética, un seu universo que vai expandíndose case imperceptibelmente con ese ritmo repetitivo ABBA etc., coas súas sutilezas ou pequeñas variacións, con constancia, con paciencia. Para que présas! Total xa estamos mortos (maldito e bendito Óscar!). 

   E si, aquí estou eu definitivamente derrotado intentando escribir sobre cousas das que nada sei porque non sabía que non sabía nada délas. Non sabía que nada sabía de sonetos (sonetor) nin sabía que nada sabía de xadrez e, moito peor, non sabía que Óscar quería que eu escribise aquí precisamente por iso, porque el si sabía que eu nada sabía. En fin, puro Schrodinger, e se non, puro Cheshire, e, en último caso, gato galego e punto. 

   Tardei en ver o taboleiro, as pezas, os movementos, o xogador... Cego! Pero aínda así non era escusa, tamén Borges, e que ben viu. Os sonetos de Borges, o seu xadrez de hendecasílabos. E entón —xa vos dixen, era tarde!— comecei a entender: a Maga, os seus movementos de cabalo de xadrez, de torre (Cortázar dixit); Pizarnik, dispoñendo os días como fronte a un taboleiro de xadrez; por que non tamén esa partida mar xista, esa loita de contrarios (brancas e negras)? Por que non, radicalmente, esa partida definitiva entre a presenza e a ausencia, entre a vida e a morte? 

XOSÉ LUÍS MOSQUERA CAMBA

Martes Marzo 09, 2021
Start: 09/03/2021 16:29

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS...

A noticia da publicación da última tradución ao galego do profesor Francisco Calaza.

XENOFONTE E PSEUDO-XENOFONTE, Constitución dos lacedomonios e Constitución dos atenienses, Rinoceronte, Cangas, 2021, 68 páxinas.

 

***

 

TRADUCIÓN DO GREGO ANTIGO, INTRODUCIÓN E NOTAS JOSÉ FRANCISCO CALAZA FERNÁNDEZ 

    O século V a.n.e. é unha época de grande intensidade tanto a nivel político como cultural. É neste tempo cando empeza a xurdir a reflexión arredor do sistema político da democracia. As dúas obras que se presentan neste volume están compostas neste contexto histórico que constitúe a orixe no estudo do pensamento político grego. Os acontecementos históricos nos que se verán envoltas as distintas cidades–estado serán decisivos na historia de Grecia e terán grandes repercusións na posterior cultura occidental. Xenofonte considera que a Guerra do Peloponeso e os distintos acontecementos da segunda metade do século v serán a orixe de todos os males dese tempo. Na Constitución dos Lacedemonios, Xenofonte representa os ideais oligárquicos de Esparta á vista das consecuencias da Guerra do Peloponeso. O modelo que el propón baséase nas reformas instituídas por Licurgo. Na Constitución dos Atenienses, o autor analiza desde un punto de vista moi crítico o réxime da democracia partindo das bases do poder do estado ateniense que se configura durante a Pentecontencia, período que abrangue desde a derrota dos persas na Segunda Guerra Médica no 480 a.n.e. até o inicio da Guerra do Peloponeso, no 433 a.n.e. Presenta este modelo de goberno como un réxime eficaz pero corrupto ao mesmo tempo. O obxectivo do autor é chegar ao concepto de eunomía ou goberno dos mellores.

Distribuir contido