Eventos
CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS: o éxito deportivo de Brais Cano, prata no Campionato de España de Patinaxe Artístico
Seis medallas para os galegos nos Campionatos de España de Artístico e Trofeo Ciudad de Cunit.
Gran papel dos patinadores galegos nos Campionatos de España de Patinaxe Artístico e no Trofeo Ciudad de Cunit celebrados nas localidades de Cunit e Torrembarra.
Brais Cano, de Alquimia, alzouse coa prata na modalidade Solo danza juvenil masculino.
Parabéns!!!!
LUIS GORROCHATEGUI, Contra armada, Crítica, Barcelona, 2020, 448 páxinas.
Hoxe o libro do noso excompañeiros, Luis Grorrochategui, asómase ao prestixioso The times:
Hoxe o libro do noso excompañeiros, Luis Grorrochategui, asómase ao prestixioso The times: The Spanish Armada was never defeated and a later victory over an English fleet led by Sir Francis Drake was covered up by Elizabeth I, a Spanish historian claims in his new book.
In Contra Armada, or “Counter Armada”, Luis Gorrochategui writes that of the 137 ships that Philip II sent to take England in 1588, only 35 failed to return to Spain, and these were mainly transport vessels that were unable to weather Atlantic storms.
10ª Semana
[4ª Sesión]
Cantas veces ler permite habitar outro espazo, tanto ou máis real que o das nosas vidas.
Pode ser que algún lector, grazas a estes relatos, se adentre nos mundos debuxados por Ray Bradbury e Manuel Rivas.
O vindeiro 17 de decembro, o alumnado de 3º de ESO asistirá a un obradoiro de danza a cargo de ArteStudio, unha compañía que comezou a súa andaina no 2005.
ArteStudio está formada por un equipo interdisciplinar, que procede principalmente do mundo da educación, das artes escénicas, do tempo libre e da animación sociocultural.
CALENDARIO AGUIAR 2021
11ª Semana
[5ª Sesión]
SUPUESTO
Lo que sí asombró al personal del neuropsiquiátrico fue escuchar en los noticieros, en la mañana del 25, que esa noche ningún niño del planeta había recibido su regalo.
CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS... Xosé Luís Mosquera Camba, gañador do Premio Fiz Vergara Vilariño
Xosé Luís Mosquera Camba, coa súa obra «Parhelio» gañou o XX Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño. Así o acordou na súa reunión telemática o xurado, por unanimidade, que estivo formado por Emma Pedreira, María Lado e Charo Lópes, actuando como secretaria a presidenta da A.C. Ergueitas, María Casar, e como presidenta a concelleira de Cultura de Sarria, Reyes Abella.
O xurado destacou que a obra gañadora conta con moita coherencia interna, mestura moitos xéneros e referencias, é moi sensorial e con moito ritmo: «Un poemario moi traballado, coidado con atención e riqueza lingüística. Ten un xogo de cambio de perspectivas no eu moi interesante e unha carga retórica ampla e consistente. Unha obra que presenta unha poesía ruturista na que se valora a apertura dunha liña de traballo anovadora enriquecida cunha prosa poética que rompe o uso máis clásico do verso e mergúllase na oralidade. Destaca a referencia a outras disciplinas artísticas, sobre todo á música. Unha obra cunha plástica moi poética e moi ben definida e con certo sentido do humor. Valorouse tamén o emprego de imaxes moi sostidas ao longo de todo o poemario como as dos cabalos ardendo, os bisontes... que transmiten forza e sonoridade. O autor propón ao lector unha participación activa», explicaron.
Por outra banda, as poetas que formaron o xurado destacaron a altísima participación que se acadou nesta edición tan distinta pola situación sanitaria e o alto nivel das obras presentadas.
La Voz de Galicia, 21 de decembro de 2020
Mateo García dirixe esta curtametraxe na que o noso exalumno Juan Luis García participa como coprotagonista.
Parabéns polo traballo.
12ª Semana
[6ª Sesión]