Eventos
HORA DE LER
3ª SEMANA [3ª SESIÓN]
O pasado sábado 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca.
Hoxe, tendo entre as mans os relatos deAna María Matute ou Stephen Dixon, podemos ter presentes as palabras da literata arxentina Jeannette L. Clariond: «Somos cando comezamos a leer. Existimos cando aprendemos a lernos».
Lendo somos libres, somos libro.
Obradoiro que quere dar a coñecer ao alumnado de 1º de BAC D e E a figura homenaxeada no Día das Letras Galega 2019.
Obradoiro que quere dar a coñecer ao alumnado de 1º de BAC D e E a figura homenaxeada no Día das Letras Galega 2019.
O 2 de novembro non haberá clases.
O vindeiro luns é un deses dous días non lectivos (este ano, o outro é o 14 de maio)
escollidos polo centro no inicio de cada curso.
O 2 de novembro non haberá clases.
O vindeiro luns é un deses dous días non lectivos (este ano, o outro é o 14 de maio)
escollidos polo centro no inicio de cada curso.
HORA DE LER
4ª SEMANA [4ª SESIÓN]
Compartimos esta semana as seguintes suxestións de lectura: as historias da muller esquelete e a morte amante o Xinete Descabezado e unha selección de micros de terror.
Momentos de intramundos!
5ª Semana [5ª sesión]
Ler para escribir. Escribir para volver a ler.
Esta semana deixamos nas mans dos lectores os relatos de Irène Némirovsky e Mariña Garcia Iglesias, Hugo Vicente Cabanas e Paula Fernández Vidal, alumnos de 1º de Bacharelato.
O visionado deste vídeo divulgativo de Marisa Garcia Alonso [Estudios Analíticos Aplicados A La Clínica] debería axudar a concienciar sobre o bo uso e coidado dos distintos tipos de mascarillas, que deben ser algo máis que un pano para cubrir a cara e, de ningunha maneira, unha fonte de infeccións.
Equipo Covid
CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS...
Que o noso querido compañeiro Óscar García Ramos gañou o Francisco Añón de Outes polo seu poemario Efectos fenotípicos do capitalismo.
O veciño de Bergondo Óscar García Ramos fíxose co máximo galardón da vixésimo cuarta edición do certame Francisco Añón de Outes polo seu poemario Efectos fenotípicos do capitalismo. O xurado destacou a presenza dunha voz culta e intelectualizada en equilibro co xogo de referencias surrealistas no que se moven os versos. Desde o punto de vista do contido, salientou o tratamento que se fai do tema do espello desde moi diversas ópticas e o xogo mitolóxico.
SOLICITUDE DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS PARA ALUMNADO DE ESO
Prazo de presentación de solicitude: Do 16 de novembro ao 27 de novembro de 2020.
Para calcular a renda per cápita: Sumar as casillas 432 e 460 da declaración da renda e o total dividilo entre o número de membros da unidade familiar.
O alumnado que fose beneficiario da axuda de 50 Euros para adquirir material escolar NON terá que presentar solicitude.
Documentación:
-
Solicitude cubería segundo Anexo I e Anexo II que se adxunta.
-
Copia do Libro de Familia onde figuren todos os membros da unidade familiar. No caso de non ter libro de familia, ou se a situación familiar non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acredidativos do número de membros da unidade familiar, tales como:
-
Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante.
-
Certificado ou volante de convivencia.
-
Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia, que acredite a situación familiar.
-
-
Certificado de grao de discapacidade do/da alumndo/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
-
No caso de situación de violencia de xénero no contorno familiar documentación acreditativa.
-
No caso de que os proxenitores carezan de DNI ou NIF: Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe de Servicios Sociais ou equivalente.
(As solicitudes e demais información poderán consultarse no DOG n° 230 do 13.11.20 e no portal educativo da Xunta de Galicia no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.qal).
Betanzos, a 13 de novembro de 2020.
HORA DE LER
6ª Semana [6ª sesión]
Paisaxe outonal.
Unha folla de pradairo para lembrar onde temos que recomezar a lectura de obras como as de Raquel Vázquez ou Óscar García Ramos.
Hoxe 20 de novembro é o Día Universal dos Dereitos da Infancia.
O ano pasado fixemos a lectura conxunta do articulado.
Este ano, por causa da pandemia, non podemos realizar unha actividade así, pero decidimos subir á web do centro a presentación do ano pasado.
Feliz día da Infancia!
Hoxe 20 de novembro é o Día Universal dos Dereitos da Infancia.
O ano pasado fixemos a lectura conxunta do articulado.
Este ano, por causa da pandemia, non podemos realizar unha actividade así, pero decidimos subir á web do centro a presentación do ano pasado.
Feliz día da Infancia!