Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Xoves Septembro 17, 2020
Start: 15/09/2020 06:00
End: 17/09/2020 12:26

Convocatoria extraordinaria xullo ABAU 2020 para titulados de 2º BAC.

Sen concretar aínda horario e localización dos exames

Luns Septembro 21, 2020
Start: 21/09/2020 13:28

 

 

CURSOS

PRESENTACIÓN

COMEZO DOS CLASES

1º ESO, 2º ESO

Mércores, 23 de setembro - 10:30

Xoves, 24 de setembro – 8:45

1º BAC e 1º CICLO

Mércores, 23 de setembro - 12:00

Xoves, 24 de setembro – 8:45

3º ESO

Xoves, 24 de setembro - 8:45

Xoves, 24 de setembro - 10:40

2º BAC e 2º CICLO

Xoves, 24 de setembro - 13:00

Venres, 25 de setembro - 8:45

4º ESO

Venres, 25 de setembro – 8:45

Venres, 25 de setembro – 10:25

 

 

Mércores Septembro 23, 2020
Start: 23/09/2020 18:19

 


 AVISO ÁS FAMILIAS DE ALUMNOS DE BACHERALATO

 

As compañías de autobuses poden negarlle o uso do transporte aos os alumnos de Bacharelato (que non teñen dereito) ata que estes alumnos e alumnas conten coa autorización expresa.

 

Nestes momentos nos que estamos obrigados a respectar os protocolos Covid, deberíamos comprender que as empresas pretendan evitar situacións non contempladas pola norma.

 

Mércores Outubro 07, 2020
Start: 07/10/2020 17:02

O escritor, periodista e tradutor Xesús Fraga ven de publicar a versión ao galego dun fito da narrativa universal do século XX: On the road, de Jack Kerouac. 
Afortunadamente, xa podemos contar con esta «biblia da xeración beat» nos estantes da nosa biblioteca. 
 
Conecín a Dean pouco despois de separármonos a miña muller e mais eu. Viña de superar unha doenza grave da que agora non me peta falar, agás que estaba relacionada con aquela triste e tan fatigosa separación e a miña impresión de que todo estaba morto. 
 
I first met Dean not long after my wife and I split up. I had just gotten over a serious illness that I won’t bother to talk about, except that it had something to do with the miserably weary split-up and my feeling that everything was dead.
 
 

 

Fai varios días Xesús Fraga respondía ás preguntas de La Voz de Galicia sobre a súa versión de On the road e falaba dos seus proxectos, ente os que conta o seu desexo de poder presentar Virtudes (e misterios), libro do que vai a saír próximamente a súa segunda edición.
Xoves Outubro 08, 2020
Start: 08/10/2020 20:00

 

 

 

O próximo martes 13 comeza 
 
HORA DE LER
 
Durante os quince primeiros minutos da primeira sesión os alumnos de ESO poden ler os libros, comics, revistas... que traian da súa casa.
 
Tamén estarán á disposición do alumnado e profesorado en ALTO RISCO e na páxina web, polo menos, dúas suxestións semanais de lectura.
Luns Outubro 12, 2020
Start: 12/10/2020 20:04

 

 

1ª Semana

[1ª Sesión]

 

Como ven sendo costume desde fai tantos anos xa, retornamos a ler, adicando os quince primeiros minutos da primeira sesión. Cada lectora ou lector pode traer da súa casa un libro, unha revista ou novela gráfica...

Para os que esquecezan traerlos (ou para os que acepten o reto) quedan dúas suxestións de lectura: unha selección de poemas de Wislawa Szymborska e outra pequena antoloxía de Louise Glück, as dúas últimas poetas merecedoras do Premio Nobel de Literatura (Symborska en 1996, Glück no 2020): poesía transparente para tempos de pandemia e mascarillas.

 

Ilustración: Fernando Vicente

Martes Outubro 13, 2020
Start: 13/10/2020 21:45
 
 

 

 

Na páxina web do IES levan tempo colgados o Plan de Adaptación á situación COVID-19 e o Plan de Continxencia, pero que ben explican as rapazas e rapaces de 1º de ESO as rutinas que permiten convivir nun instituto máis seguro.
 
Parabéns ao traballo da rapazada e da súa profesora Belén Iglesias!
 
Xoves Outubro 15, 2020
Start: 15/10/2020 14:41

Que Pablo Ferrer (de quen xa coñecíamos a súa creatividade como microrrelatista «cachorro de ornitorrinco) escribe e interpreta cancións esdrúxulas como esta Némesis.

Sábado Outubro 17, 2020
Start: 17/10/2020 18:08

 


 

 

HORA DE LER

2ª SEMANA [2ª SESIÓN]

 

Cavilando, pode ser, sobre as mesmas sensacións que a lectora pintada por Shelley Thayer Layton, repensamos esas palabras lidas nos textos de Almudena Grandes ou Miguel-Anxo Murado, para volver aos misterios que tornan en algo tan real toda ficción.

 

Distribuir contido