Eventos
CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS....
Que o Concello de Betanzos concede o Premio GARELO 2020 á Agrupación de Teatro Mariñán.
Neste momento forman parte desta agrupación os seguintes Ex Aguiar: Sara Zabalza, Inés Valiño e Juan Vázquez.
Parabéns a todos os que nalgún momento participaron nesta tarefa e, en particular, aos actuais membros que manteñen vivísima a Agrupación.
CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS...
Alem BTF, o noso Ex alumno, ven de compoñer unha composición encargada pola propia alcaldesa, María Barral, para facer chegar unha mensaxe a todas as xeracións, «Hasta el último latido».
Alem recorda na súa canción a importancia da distancia social.
DE INTERESE PARA TODOS OS ALUMNOS E ALUMNAS DE BACHARELATO E CICLOS FORMATIVOS
ABERTO desde o 09 de agosto de 2020 ata o 01 de octubro de 2020 o Prazo de Solicitudes de Becas e Axudas para estudantes de niveis postobrigatorios.
Ministerio de Educación Portal Becas
Ministerio de Educación Información
JUAN A. FARIÑA PEDREIRA, As cartas de Abel, Toxosoutos, Noia, 2020, 214 páxinas.
CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS...
QUE Juan Fariña, alumno no seu momento do IES Francisco Aguiar, emprega na súa opera prima, ata tres narradores, para relatar as vicisitudes de Marcos, un exalcólico divorciado, que descobre, nunha etapa crucial da súa vida, todos os detalles dun segredo familiar que atinxe ao seu avó materno Abel e que se remonta ao inicio da nosa desastrosa Guerra Civil(1936-39). Entre analepses e prolepses, Fariña mantén o suspense e ao lector pendente dos feitos até o desenlace inesperado que colle a un de improviso.