Eventos
No DOG do 3 de maio publicouse a Resolución do 16 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación final de educación secundaria obrigatoria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2018/19. Esta avaliación terá carácter mostral. Aplicarase ao alumnado matriculado no curso escolar 2018/19 en cuarto curso de educación secundaria obrigatoria nos centros docentes seleccionados para formar a mostra. Acabamos de coñecer que, aplicando criterios estatísticos, o noso centro, IES Francisco Aguiar resultou seleccionado para formar parte da mostra de centros participantes. As probas celebraranse, co alumnado de 4º de ESO, os días 28 e 29 de maio de 2019. Cómpre lembrar que a avaliación final de educación secundaria obrigatoria ten finalidade diagnóstica, con vistas á mellora da calidade e equidade do sistema educativo. Esta proba valorará o grao de adquisición da competencia matemática, da competencia lingüística e da competencia social e cívica, tendo como referencia principal as materias xerais do bloque de materias troncais cursadas en cuarto curso de educación secundaria obrigatoria. |
Organizado por José A. Valverde do departamento de Educación Física. Saída do centro ás 8:45 e chegada ás 14:15.
Grupos | Data | Profesorado acompañante |
ESO 2º A e B | Xoves 30 de maio |
José A. Valverde Morán Pilar Vázquez Febrero |
ESO 2º C e D | Venres 31 de maio |
José A. Valverde Morán José Permuy Fraga |

O profesor do Departamento de Educación Física Leonardo Piñeiro organiza unha viaxe de 2 días/1 noite ao concello de Ortigueira para a realización de actividades multiaventura.
Acompañan ao alumnado José Varela e Mar Lorenzo do departamento de Matemáticas.
Saída venres ás 12:35 e chegada prevista sábado 19:30
Reunión informativa co alumnado mércores 29 recreo de Bacharelato no Salón de Actos.

5e CONCOURS DE DESSERTS FRANÇAIS
Vendredi 7 juin 2019 aura lieu le traditionnel concours des desserts.
Voilà les15 desserts en compétition(enlace):
La charlotte, Les gaufres, Les crêpes, Le Paris-Brest, L’éclair, La crème brûlée, Les profiteroles, Le mille-feuille, La tarte tatin, Le clafoutis, Les macarons, La tarte au citron meringuée, Le gâteau au fromage blanc alsacien, Le coulant, La mousse au chocolate
MECÁNICA DO CONCURSO E OBXECTIVOS DIDÁCTICOS.
1.- As receitas poderán ser obtidas de libros de cociña francesa, revistas ou de Internet sempre que sexan receitas pertencentes á gastronomía francófona.
2.- Durante unha sesión de clase traballaranse os aspectos lingüísticos das devanditas receitas.
3.- Unha vez elixida a receita e traballado o léxico correspondente, os alumnos participantes, de maneira individual ou en grupo (non máis de tres alumnos), elaborarán na casa o devandita sobremesa para a súa presentación ao concurso o día seguinte.
4.- Esta actividade complementaria está deseñada de tal xeito que non interfira nas actividades lectivas cotiás dese día.
5.- Tódalas sobremesas teñen que vir en pratos de usar e tirar. Non nos facemos responsables do que se poida romper.
6.- Os alumnos deixarán a sobremesa ás 8:45 da mañá do día do concurso na biblioteca, nas mesas dispostas ao efecto, xunto cunha pequena tarxeta co nome da sobremesa, así como o nome do(s) concursante(s) na parte posterior. Acto seguido iranse ás súas clases normais podendo volver á biblioteca só no período do recreo.
7.- As sobremesas serán cualificadas por un xurado composto por membros da nosa comunicade educativa. Ao longo da mañá, os membros do xurado irán pasando polo lugar onde estarán expostos, e iranos degustando e cualificando de acordo cos seguintes criterios: SABOR e PRESENTACIÓN.
8.- Os alumnos que teñan clase de Francés ese día, poderán baixar, nesa hora, acompañados da profesora (se esta o considera oportuno), para ver a exposición das sobremesas.
9.- No segundo recreo tódolos alumnos de Francés poderán participar na degustación de ditas sobremesas.
10.- O luns da semana seguinte exporanse os nomes das 3 sobremesas gañadoras para os que haberá uns premios moi interesantes.
OBXECTIVOS.
1.- Aspectos lexicais: vocabulario referido aos alimentos.
2.- Aspectos morfosintácticos: o uso do artigo partitivo e do imperativo.
3.- Aspectos socioculturais: familiarizar aos alumnos coa grande variedade e riqueza da cociña francesa en particular, e francófona en xeral.
4.- Espertar o interese dos alumnos por unha alimentación saudable, sen esquecer a dimensión social e cultural da mesma.
5.- Ser capaces de comprender unha receita e elaborala.
O vindeiro curso estrenamos unha nova optativa, 'Fundamentos léxicos para a ciencia e a técnica', e quén mellor que Mª Teresa Amado para presentala ao alumnado. Charla de dúas horas de duración para os 4º de ESO no salón de actos. |
3ª Avaliación do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais
O martes 11 de xuño de 2019 ás 18h, están convocados os pais/nais do alumnado de 4º da ESO a unha reunión informativa da prematrícula, das opcións de Bacharelato e dos Ciclos Formativos aos que poden optar.
Convocatoria Ordinaria das probas ABAU (Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade).
Convocatoria Ordinaria das probas ABAU (Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade).
Convocatoria Ordinaria das probas ABAU (Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade).
Semana de exames para a avaliación final extraordinaria de 2º de Bacharelato
Semana de exames para a avaliación final extraordinaria de 2º de Bacharelato
Xornada festivo-cultural co seguinte programa:
Xantar no instituto.
Pequena sobremesa literaria.
Desprazamento ao cine Alfonsetti para asistir á unha proxección ás 16:00.
O noso agradecemento ao Concello de Betanzos.
Semana de exames para a avaliación final extraordinaria de 2º de Bacharelato
Semana de exames para a avaliación final extraordinaria de 2º de Bacharelato
Remate das clases para o alumnado da ESO, de 1º de BAC e do CS de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais.
Entrega de diplomas e premios ao alumnado que termina o derradeiro curso da ESO.
Avaliación final do alumnado do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais
Avaliación final 3º e 4º ESO e 1º BAC