Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

blogue depedro.rodriguez

IV Maratón de Lectura Solidario

Hoxe, 20 de febreiro de 2017, estamos a celebrar o IV Maratón de Lectura no salón de actos. Desde primeira hora, moitos voluntarios, foran alumnos, ensinantes, amigos,... amosan a súa vontade de manter a chama da nosa lingua acesa sen interrupcións ata as dez da noite. E non só iso. Unha urna serve para recoller os donativos que serán entregados á Cociña Económica da nosa cidade. Pronto actualizaremos esta información para dicir canto se recolleu. Grazas a todos por participar!

 

Ligazón ás fotos

Lexislación

 

 

AXUDA A UCRAÍNA

Plan de Escolarización e Acollida do alumnado desprazado polo conflito de Ucraína no Sistema Educativo Galego

 

CALENDARIO ESCOLAR

ORDE do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

CONVIVENCIA ESCOLAR

LEI 4/2011 de convivencia e participación da comunidade educativa

DECRETO 8/2015 polo que se desenvolve a Lei de convivencia

Protocolos do portal Educonvives

Presentación sobre acoso escolar

 

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

DECRETO 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Protocolos para a atención da diversidade

ORDE do 8 de setembro de 2021 pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia en que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

ORGANIZACIÓN DOS CENTROS

ORDEN de 28 de junio de 2010 por la que se modifican parcialmente las órdenes del 1 de agosto de 1997, por la que se dictan instrucciones para el desarrollo del Decreto 324/1996, por el que se aprueba el reglamento orgánico de los institutos de educación secundaria y se establece su organización y funcionamiento, de 22 de julio de 1997, por la que se regulan determinados aspectos de organización y funcionamiento de las escuelas de educación infantil, de los colegios de educación primaria y de los colegios de educación infantil y primaria dependientes de la Consellería de Educación y Ordenación Universitaria, y de 3 de octubre de 2000, por la que se dictan instrucciones para el desarrollo del Decreto 7/1999, por el que se implantan y regulan los centros públicos integrados de enseñanzas no universitarias.

 

LOE

Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación.

 

LOMCE - PLANIFICACIÓN ACTUAL DA EDUCACIÓN SECUNDARIA

Lei Orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa (LOMCE)

LOMCE e LOE refundidos

Real Decreto 1105/2014, do 26 de decembro: establece o currículo básico de ESO e Bacharelato

Orde ECD/65/2015, do 21 de xaneiro: relacións competencias contidos criterios de avaliación

Decreto 86/2015, do 25 de xuño: establece o currículo da ESO e do BACH en Galicia

Orde do 15 de xullo de 2015: materias libre configuración autonómica e currículo

Real Decreto 665/2015, do 17 de xullo: docencia e especialidades

Orden ECD/1361/2015, de 3 de julio, por la que se establece el currículo de Educación Secundaria Obligatoria y Bachillerato para el ámbito de gestión del Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, y se regula su implantación, así como la evaluación continua y determinados aspectos organizativos de las etapas.

Orde do 13 de xullo de 2016: ampliación das materias de libre configuración e currículos

Real Decreto 310/2016, do 29 de xullo: regula as avaliacións finais de ESO e BACH

Aclaracións da Dirección Xeral do 26 de septembro de 2016 sobre a implantación do bacharelato no período transitorio

Real Decreto-ley 5/2016, de 9 de diciembre, de medidas urgentes para la ampliación del calendario de implantación de la Ley Orgánica 8/2013, de 9 de diciembre, para la mejora de la calidad educativa.

Real Decreto 562/2017, de 2 de junio, por el que se regulan las condiciones para la obtención de los títulos de Graduado en Educación Secundaria Obligatoria y de Bachiller, de acuerdo con lo dispuesto en el Real Decreto-ley 5/2016, de 9 de diciembre, de medidas urgentes para la ampliación del calendario de implantación de la Ley Orgánica 8/2013, de 9 de diciembre, para la mejora de la calidad educativa.

(9 xuño 2017) Instrucións para a adopción das medidas necesarias para a aplicación do disposto no Real Decreto 562/2017, de 2 de xuño, polo que se regulan as condicións para a obtención do título de Graduado en ESO e modelo de Consello Orientador da ESO

ORDE do 3 de agosto de 2017 pola que se amplía a relación de materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes na etapa de educación secundaria obrigatoria, e se regula o seu currículo e a súa oferta.

(Historia da Filosofía) ORDE do 19 de abril de 2018, pola que se regulan aspectos relativos á organización das materias do bacharelato establecido no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, para os centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Resolución pola que se regula o bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach), de xeito experimental para o curso 2018/2019

ORDE do 7 de agosto de 2018 pola que se amplía a relación de materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes nas etapas de educación secundaria brigatoria e bacharelato, e se regula o seu currículo e a súa oferta.

ORDE do 8 de xullo de 2021 pola que se amplía a relación de materias de libre configuración autonómica de elección para os centros docentes na etapa de bacharelato e se regula o seu currículo e a súa oferta. Iniciación á Intelixencia Artificial.

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2021/22.

 

LOMLOE

Ley Orgánica 3/2020, de 29 de diciembre, por la que se modifica la Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación. (BOE 30 diciembre) TEXTO CONSOLIDADO

Real Decreto 984/2021, de 16 de noviembre, por el que se regulan la evaluación y la promoción en la Educación Primaria, así como la evaluación, la promoción y la titulación en la Educación Secundaria Obligatoria, el Bachillerato y la Formación Profesional.

GALICIA: Orde do 25 de xaneiro de 2022, pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia 

Real Decreto 217/2022, de 29 de marzo, por el que se establece la ordenación y las enseñanzas mínimas de la Educación Secundaria Obligatoria.

Decreto 156/2022, polo que se establecen a ordenación e o curriculum da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia

Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia

Real Decreto 243/2022, de 5 de abril, por el que se establecen la ordenación y las enseñanzas mínimas del Bachillerato.

ORDE do 13 de febreiro de 2023 pola que se establece o currículo das materias optativas do bacharelato e se regula a súa oferta

Presentación currículos educativos Galicia

Instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2022-2023

Anteproxecto de Orde pola que se establece o currículo das materias optativas do bacharelato e se regula a súa oferta.

Resolución do 18 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de FP, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación para persoas adultas, bacharelato para persoas adultas e ensinanzas non regradas no curso 2022/23

 

Obxectividade da avaliación e reclamacións

ORDE do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato.

Circular 1/2022 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, para o curso 2021-2022.

e MODELOS ORIENTATIVOS.

 

ABAU (Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade)

Apartado de Lexislación da CiUG

Protocolo ABAU 2021

 

PLURILINGÜISMO

Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.

(31 de xullo de 2013) Instrución para a aplicación do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, tras os pronunciamentos das sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre este.

ORDE do 10 de febreiro de 2014 pola que se desenvolve o Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, con relación á exención da materia de lingua galega.

 

PROFESORADO: Permisos e licenzas

Orde do 29 de xaneiro de 2016 pola que se regula o réxime de permisos, licenzas e vacacións do persoal docente

Orde do 24 de febreiro de 2016 pola que se amplía a Orde do 29 de xaneiro de 2016

Modificacións de permisos e licenzas: LEI 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas. (Artigo 121: permiso por parto; Artigo 122: permiso por adopción ou acollemento; Artigo 146: retribucións durante a incapacidade temporal).

Anexo IV

Anexo V

 

LIBROS DE TEXTO

ORDE do 29 de maio de 2013 pola que se determina o período de vixencia dos libros de texto e demais materiais curriculares.

 

VALIDACIÓNS E EXENCIÓNS

ORDE do 7 de xullo de 2010 pola que se establecen medidas de ordenación académica para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.

IMPORTANTE: Ver ademáis a parte final da instrución para o curso actual (aparece ao final do apartado LOMCE desta páxina), na que se concretan as materias a validar.

ORDE do 10 de febreiro de 2014 pola que se desenvolve o Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, con relación á exención da materia de lingua galega.

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO

DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

Visita ao CERN

 VIAXE A XENEBRA (23-27 SETEMBRO 2016)

O curso pasado, o departamento de Física e Química decidiu poñer en marcha unha viaxe diferente ás que se viñan organizando no instituto ata entón, unha viaxe que tiña unha parte científica interesantísima que era visitar o CERN (European Organization for Nuclear Research), ademais de coñecer a cidade de Xenebra, e como non, algún dos museos que alí se atopan.

(Pinchar na imaxe para ver máis fotografías)

 O venres 23 de setembro, despois dun bo madrugón, saimos no avión cara a Xenebra, onde esa mesma tarde visitamos o Pazo das Nacións Unidas, unha visita que nos pareceu moi interesante pola defensa que dende alí se fai dos dereitos humanos, visitamos a sala dos dereitos humanos e da Alianza de civilizacións decorada por Miguel Barceló, a sala dos pasos perdidos, a sala das asembleas e a sala do Consello.

Ao día seguinte, chegou o prato forte da viaxe, erguémonos cedo e collemos o tranvía cara ao CERN, os 26 rapaces e as dúas profesoras que os acompañabamos (Mª Carmen Díaz Cabanas e Teresa Fraga) estabamos moi ilusionados. Durante a visita guiada por dous enxeñeiros encantadores, entendemos o que alí se facía, comemos no CERN e pola tarde fomos á parte vella da cidade para dar unha volta polas rúas. Cea e a descansar.

O domingo 25, visitamos o museo da Cruz Vermella, a algún dos rapaces pareceulles un pouco duro polos asuntos humanitarios que alí se amosan e onde a axuda da Cruz Vermella é importantísima (situacións de guerra, de catástrofes naturais…). Comemos na cafetería do museo e pola tarde saímos cara ao centro da cidade para ver o surtidor Jet d´eau e pasear polo lago Leman.

O luns día 26, volvemos  ao CERN onde tiñamos concertada unha visita informal ás dúas da tarde. Comemos na cafetería que estaba chea de científicos de todo o mundo e puidemos apreciar o  estupendo ambiente que alí había. Mar Capeáns, física galega que traballa no CERN dende hai moitos anos, agardábanos na entrada, e presentounos a outros tres científicos galegos que nos ían facer de guías (guías de luxo), para ensinarnos como era o seu día a día. Deixáronnos encantados e con algunha vocación de futuro entre os nosos alumnos.

Pola tarde tocaba a busca do tesouro, fixemos seis equipos, repartimos mapas da cidade e instrucións en inglés e os rapaces puxéronse en marcha percorrendo a parte antiga da cidade de punta a punta, acabaron esgotados (nós tamén), pero pasárono moi ben, e o obxectivo de coñecer a cidade e un pouco da súa historia estaba conseguido.

O martes día 27 tocaba a volta a España. Como o avión saía as 18.00 horas, pola mañá aproveitamos para coñecer o museo etnográfico que nos encantou a moitos de nós.

Maletas, tranvía, aeroporto…, o que prometía ser unha volta tranquila truncouse pola néboa na Coruña e o desvío do avión cara a Santiago, dende alí autobús e chegada a Coruña, tarde e cansos, pero encantados coa viaxe realizada.

Esperemos que o ano que vén repitamos esta experiencia!!!

Listaxes provisionais de admitidos e excluídos do fondo solidario de libros de texto para o curso 2016-17

Reclamacións os días 15 e 18 de xullo, de 9:30 a 13:30 h. nas oficinas do centro.

Magníficos resultados nas Probas de Acceso á Universidade

 

Un ano máis todo un éxito nas probas de selectividade de xuño 2016 para os alumnos do

  

 IES P. Eusebio da Guarda.

  

 

100%

 

   

 

APROBADOS

 

dos 95 alumnos  presentados de diúrno.

 

Nunha análise inicial, e estando pendentes da reclamacións pertinentes, podemos concluír o seguinte sobre as cualificacións da proba de acceso á Universidade:

  • Case o 9 % acadou unha media superior a 9.
  • Case o 27 % acadou unha media superior a 8.
  • Só pouco máis do 19 % acadou unha media inferior a 6.

 

PARABÉNS aos alumnos e as súas familias así como aos seus profesores.

 

Premio de innovación D3MOBILE, Concello de A Coruña

O pasado día 29 de Xuño acudiron á Escola Politécnica Superior de Lugo os alumnos de 4º C Javier Enríquez Guerrero, Iago Martínez Edreira, Alberto Rey Ares e Gustavo Vilca Mayta, acompañados da súa titora Teresa Fraga Cisneros (en representación do profesor Mario Simón García González) para recibir o premio ao mellor equipo da cidade de A Coruña,
´´Premio de innovación D3MOBILE, Concello de A Coruña´´. O premio consistiu nunha impresora 3D para o  instituto e máis diplomas e camisetas para os alumnos premiados.
Parabens para todos eles.

Máis información no documento adxunto.

 

IES Eusebio da Guarda. Plan Proxecta Quérote+ 2015-16

Este ano, como en anos anteriores, traballamos dentro do Plan Proxecta e contando co programa de Quérote+, o tema da adolescencia e as tecnoloxías e integración social cos alumnos de terceiro da ESO.
Tendo en conta que vivimos nunha sociedade tecnolóxica na que se tende a valorar, por riba de moitas outras cousas, o estar conectado e a facilidade que dá o uso das tecnoloxías, entre elas o teléfono móbil (que hoxe en día é de uso habitual entre os adolescentes), unha sociedade que permite estaren os rapaces sempre conectados cos compañeiros, aínda que non estean cerca, de tal maneira que sintan claramente a pertenza a un grupo, malia non coñeceren a maior parte das veces aos amigos deste grupo, nin están cerca, nin saberen a ciencia certa que clase de persoas son, nunha sociedade coma esta a tecnoloxía convértese nunha arma de dobre gume.
O uso da tecnoloxía presenta moitas facetas positivas pero sen o coñecemento para o bo uso desta, posibilita que malas conductas e situacións que viven os adolescentes, como son o bulling e o illamento social, se produzan cada vez con máis frecuencia e con implicacións máis complexas e problemáticas. É moi importante, xa que logo, que dotemos aos nosos alumnos e alumnas dunhas ferramentas e uns coñecementos que os preparen para a vida diaria e os seus retos tecnolóxicos.

Ligazóns aos vídeos:

Conta con nos
count on me 3B
RAP_3
Non ao racismo

Excursión de fin de curso de 3º ESO

Excursión fin de curso 3º ESO
Rafting no Río Ulla
Acercábanse os últimos días do curso e con eles os nervios e os exames finais. Que mellor maneira de pechar o curso que cunha saída ata o río Ulla e gozar das súas augas, sen perdernos nos seus espectaculares rápidos, e desfrutar do bo tempo e as marabillosas paisaxes da contorna.

Ligazón ás fotos

Excursión de fin de curso de 4º ESO

Excursión 4º ESO do 15 ao 17 de xuño 2016

Aventura Norte

Entre os días 15 e 17 de xuño, os alumnos de cuarto e tres profesores dispuxémonos a gozar duns días de actividades na natureza en Arriondas, Asturias. Saímos da Coruña con chuvia e chegamos a o noso destino con ela, non nos abandonou en todo o camiño. O tempo non permitiu que cumpriramos os nosos plans iniciais e as nosas actividades víronse trastocadas, pero nin a chuvia nin o frío impediron permitir que gozaramos da espeleoloxía, do rocódromo, do paintball e do humor amarelo, así como do descenso do Sella en canoa (con moito frío), sen esquecer que tamén tivemos tempo para un baño na piscina.

Volveremos

 

Ligazón ás fotos

 

Distribuir contido


by Dr. Radut